Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro (BOE nº 285), do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE nº 310), polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición da autorización administrativa da instalación eléctrica que se cita:
Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.
Domicilio social: avda. de Arteixo, 171, 15007 A Coruña.
Denominación: LMTS e CTC Camiño Barbeito.
Situación: concello de Ferrol.
Características técnicas:
Liña eléctrica de media tensión subterránea, a 15/20 kV, cunha lonxitude de 0,132 km, con orixe en empalmes proxectados que se realizarán na LMTS SMR-725, tramo entre o CT travesía de México (expediente: 19/08) e o CT Bertón (expediente 298/05), condutor tipo RHZ1-2OL-12/20 kV, e final no CTC Camiño Barbeito proxectado. Centro de transformación non prefabricado, cunha potencia de 400 kVA, e unha relación de transformación de 15.000/400/230 V.
Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examinar o expediente e presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, situada no edificio administrativo de Monelos, rúa Vicente Ferrer, 2, 2º andar, 15071 A Coruña, no prazo de vinte días, a partir da última publicación.
A Coruña, 20 de xuño de 2012
Susana Vázquez Romero
Xefa territorial da Coruña