Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro (BOE nº 285), do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE nº 310), polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición da autorización administrativa da instalación eléctrica que se cita:
Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.
Domicilio social: avda. de Arteixo, 171, 15007 A Coruña.
Denominación: LMTS Ordenación SMR-707.
Situación: concello de Ferrol.
Características técnicas:
Liña eléctrica de media tensión subterránea, CR Porta de Caranza-CT Manuel Murguía, a 15/20 kV, cunha lonxitude de 0,111 km, con orixe en cela de liña existente en CR Porta Caranza (expediente 29336), condutor tipo RHZ1 e final en empalmes proxectados na LMTS SMR-714 tramo a CT Manuel Murguía (expediente 39/01).
Liña eléctrica de media tensión subterránea, CR Porta de Caranza-CT Esteiro 12, a 15/20 kV, cunha lonxitude de 0,111 km, con orixe en cela de liña existente en CR Porta Caranza (expediente 29336), condutor tipo RHZ1 e final en empalmes proxectados na LMTS SMR-707 tramo a CT Esteiro 12 (expediente 50401).
Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examinar o expediente e presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, situada no edificio administrativo de Monelos, rúa Vicente Ferrer, 2, 2º andar, 15071 A Coruña, no prazo de vinte días, a partir da última publicación.
A Coruña, 20 de xuño de 2012
Susana Vázquez Romero
Xefa territorial da Coruña