Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 134 Venres, 13 de xullo de 2012 Páx. 28120

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia de Protección da Legalidade Urbanística

CÉDULA do 28 de xuño de 2012 pola que se notifica a resolución do procedemento sancionador e de reposición da legalidade S-2011/027-P.

O subdirector da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, con data do 31 de maio de 2012, ditou, por substitución da directora da Axencia, resolución derivada do expediente sancionador e de reposición da legalidade nº S-2011/027-P, que lle foi incoado, entre outros, a Construcciones Tofer, S.L., pola realización de obras abusivas executadas dentro da zona de servidume de protección do dominio público marítimo-terrestre, no lugar da Granxa de Abaixo-Dorrón, termo municipal de Sanxenxo (Pontevedra).

Ao non poder realizarse a notificación persoal da resolución ao interesado por estar ausente na repartación do correo, mediante a presente cédula, e ao amparo do disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (LRXPAC), notifícaselle ao interesado a devandita resolución.

Tendo en conta que, en atención ao previsto no artigo 61 da LRXPAC, o acto non se publica na súa integridade, fáiselle saber ao interesado que o texto íntegro da resolución que se notifica se encontra ao seu dispor nas dependencias da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, sita no Edificio Witland, 1º andar, Salgueiriños, en Santiago de Compostela, para a súa consulta no prazo de dez (10) días hábiles, que se contarán desde o día seguinte ao da publicación desta cédula. Transcorrido o devandito prazo, a notificación entenderase producida.

Contra a resolución, que pon fin á vía administrativa, o interesado poderá interpoñer recurso de reposición no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte a aquel en que se teña producido a notificación, ante a directora da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, ou ben, se non exerce o seu dereito a presentar recurso de reposición, poderá interpoñer directamente recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses desde o día seguinte da presente notificación ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Santiago de Compostela ou ante a circunscrición onde o recorrente teña o seu domicilio, conforme o disposto no artigo 14.1º, regra segunda, da Lei 29/1998, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Para que conste e sirva de notificación de resolución ao destinatario arriba indicado, en cumprimento do disposto no artigo 59.5º da citada Lei 30/1992, do 26 de novembro, expido e asino esta cédula.

Santiago de Compostela, 28 de xuño de 2012

José María Domínguez Blanco
Subdirector da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística