Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 134 Venres, 13 de xullo de 2012 Páx. 28099

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 20 de xuño de 2012, da Xefatura Territorial de Ourense, pola que se autoriza e se aproba o proxecto de execución dunha instalación eléctrica no concello de Lobeira (expediente IN407A 2012/14-3).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: A Batundeira, 2, 32960 Velle.

Denominación: LMTS e CT Poboado e presa As Conchas.

Situación: Lobeira.

Características técnicas:

– Modificación LMT aérea ao CT 32AQ23 a 20 kV de 13 m con condutor LA-56, con orixe e remate na LMT aérea ao CT existente 32AQ23.

– LMT aerosubterránea a 20 KV de 42 m en aéreo, con condutor LA-56 e 250 m en subterráneo con condutor RHZ1 e orixe na LMT existente ao CT 32AQ23 e remate no CT proxectado non prefabricado, Poboado, de 160 kVA e R/T 20.000/400-230 V.

Orzamento: 55.365,10 euros.

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico e no capítulo II, título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, esta xefatura territorial, resolve:

Autorizar e aprobar o proxecto de execución da dita instalación, cuxas características se axustarán en todas as súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.

Contra a presente resolución poderá interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Economía e Industria no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da notificación desta resolución; tamén poderá interpoñer calquera outro recurso que xulgue pertinente.

Ourense, 20 de xuño de 2012

Gabriel Diéguez Domínguez
Xefe territorial de Ourense