Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 133 Xoves, 12 de xullo de 2012 Páx. 27976

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia Galega de Desenvolvemento Rural

ANUNCIO do 26 de xuño de 2012 para notificar o inicio do procedemento de reintegro do proxecto D07-31210-0285, segundo o disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

Despois de intentar notificarlle a Esmader Madera, S.L. no enderezo que consta no expediente (rúa Ribadeo, 18, entresollado, 27002 Lugo) a resolución do director xeral de Agader do 7 de xuño de 2012, sobre o inicio do procedemento de reintegro do expediente D07-31210-0285, e sendo devolta polo servizo de Correos, publícase este anuncio para cumprir o establecido no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

En consecuencia, notifícaselle que, de conformidade coa resolución citada, se inicia o procedemento para que Esmader Madera, S.L. reintegre a cantidade que percibiu indebidamente para o proxecto D07-31210-0285 por importe de 64.000 €.

Así mesmo, notifícaselle que a interesada dispón de quince (15) días hábiles, contados desde o seguinte a aquel en que se publique este anuncio no Diario Oficial de Galicia, para presentar as alegacións ou documentos que xulgue oportunos e que a resolución citada está á súa disposición na Axencia Galega de Desenvolvemento Rural-Agader (A Barcia, 56, Laraño. 15897 Santiago de Compostela).

Santiago de Compostela, 26 de xuño de 2012

Antonio Crespo Iglesias
Director xeral de Axencia Galega de Desenvolvemento Rural