Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 132 Mércores, 11 de xullo de 2012 Páx. 27732

III. Outras disposicións

Instituto Enerxético de Galicia

RESOLUCIÓN do 4 de xullo de 2012 pola que se conceden subvencións en concorrencia competitiva para proxectos de enerxías renovables relativos a instalacións de biomasa, con financiamento procedente de fondos comunitarios derivados do Programa operativo Feder-Galicia 2007-2013 e incluídos na convocatoria efectuada mediante Resolución do 1 de decembro de 2011 (Diario Oficial de Galicia número 236, do 13 de decembro).

Antecedentes.

1. Mediante Resolución do 20 de xuño de 2012, publicada no Diario Oficial de Galicia núm. 123, do 28 de xuño, acordouse a publicación das axudas concedidas para cada unha das actuacións descritas no anexo das bases reguladoras desta convocatoria (Resolución do 1 de decembro de 2011).

2. Entre esas actuacións figuran os proxectos de biomasa (CB) e de biogás/gasificación (BG).

Consideracións legais.

1. Segundo o artigo 10 das bases reguladoras, o Departamento de Secretaría e Servizos Xerais do Instituto Enerxético de Galicia será o órgano competente para a instrución do procedemento administrativo de concesión das subvencións, e corresponde ao seu director ditar as diferentes resolucións que deriven del.

2. Neste procedemento só se teñen en conta aqueles feitos, alegacións ou probas aducidos polos propios interesados.

3. No artigo 3 das bases reguladoras figura a táboa de financiamento por tipo de actuación das previstas no anexo I, coas correspondentes dotacións orzamentarias para cada unha delas. O parágrafo 5 dese mesmo artigo dispón que cando o número de solicitudes viables nun tipo determinado non esgote o crédito consignado para el, o sobrante poderase asignar a algún dos outros tipos recollidos na devandita táboa.

Tendo en conta que todos os proxectos presentados na liña de biogás/gasificación e que reunían os requisitos establecidos na Resolución do 1 de decembro de 2011 foron obxecto de subvención, e que a pesar disto non se esgotou o crédito consignado para esta tecnoloxía, cabería a asignación do importe restante considerando a posibilidade que ofrecen as bases reguladoras.

4. No artigo 14.4 das bases reguladoras disponse: «Todas as resolucións serán notificadas de acordo co establecido na Lei 30/1992, do 26 de novembro. Con carácter xeral, non se enviarán notificacións postais e, de conformidade co establecido no artigo 59.6.b) da indicada lei, no caso das resolucións de concesión da subvención, poderase substituír a notificación individual pola publicación no Diario Oficial de Galicia e na páxina web do Inega (www.inega.es). Nesta publicación especificarase a data da convocatoria, o beneficiario, a cantidade concedida e a finalidade da subvención outorgada. Coa publicación no DOG poderá remitirse aos beneficiarios a que consulten a información detallada da resolución a través do taboleiro electrónico de anuncios habilitado para estes efectos na páxina web do Inega».

De acordo con todo o anterior, esta dirección

RESOLVE:

Primeiro. Asignar os 186.431,00 euros sobrantes no tipo biogás/gasificación para o financiamento de axudas destinadas a instalacións de biomasa, incluídas igualmente na medida 41 do Programa operativo Feder-Galicia 2007-2013, que se engaden á cantidade consignada no artigo 3 das bases reguladoras para este tipo de actuación.

Segundo. Ordenar a publicación no Diario Oficial de Galicia das axudas concedidas con cargo á aplicación orzamentaria 08.A2.733A.781.1, tal e como figuran no anexo desta resolución.

Terceiro. Todos os beneficiarios poderán obter información detallada da súa resolución accedendo ao taboleiro electrónico de dúas formas posibles:

1ª. Acceso pola páxina web do Instituto Enerxético de Galicia www.inega.es na parte dereita da portada, na opción taboleiro electrónico, onde, unha vez que acceda, deberase teclear o código electrónico alfanumérico que aparece na esquina inferior esquerda da solicitude.

2ª. Acceso a través do correo electrónico remitido a cada beneficiario, sen necesidade de teclear o código electrónico alfanumérico, pois enlázase directamente co taboleiro de modo que o usuario xa ten á vista os documentos que figuran no arquivo.

Cuarto. En caso de dúbida, dificultades técnicas ou necesidade de máis información, as persoas interesadas poderán dirixirse a esta entidade pública a través dos teléfonos 981 54 15 31/981 54 15 30/981 54 15 24, do número de fax 981 54 15 15 ou do enderezo de correo electrónico info@inega.es

Contra a presente resolución, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer recurso contencioso-administrativo ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Santiago de Compostela, no prazo de dous (2) meses contados desde o día seguinte ao da súa publicación ou notificación, de acordo co previsto nos artigos 8 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa. Potestativamente, e con carácter previo, pódese interpoñer recurso administrativo de reposición ante o mesmo órgano que ditou o acto, no prazo dun (1) mes contado do mesmo xeito, tal e como dispoñen os artigos 116 e 117 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Todo iso sen prexuízo de calquera outro recurso que se considere oportuno.

Santiago de Compostela, 4 de xullo de 2012

Eliseo Diéguez García
Director do Instituto Enerxético de Galicia

ANEXO
Subvencións concedidas

IN421D - Biomasa (CB)

Código solicitude

NIF

Datos do solicitante

Investimento sen IVE

(€)

Subvención

(€)

IN421D/11R12938

44452268F

Modesta Seara Selas

10.282

3.331,37

IN421D/11R13537

J36184455

Expl. Porcinas Achacán, S.C.

24.399,62

6.150,00

IN421D/11R13555

B36507358

Ingeniería y Suministros, S.L.

19.187,33

4.500,00

IN421D/11R13611

32593146F

Gonzalo Fraguela Hermida

6.110

2.162,94

IN421D/11R13640

76717173Y

Juan José Nogueiras Martínez

9.086

3.216,44

IN421D/11R13821

B27286517

Logística do Xistral, S.L.

11.925

3.500,00

IN421D/11R13822

33267276F

Ana María Iglesias García

21.836

4.750,00

IN421D/11R14064

76898540H

Ángel Covelo Porto

10.500

3.625,00

IN421D/11R14292

34923507P

María Digna Gay Vázquez

7.937

2.809,70

IN421D/11R14433

34221297B

José Luis Otero Ledo

8.395

2.971,83

IN421D/11R14520

79328444H

José Antonio Calviño Paz

6.943

2.249,53

IN421D/11R14560

33158644G

José López Cendal

10.170

3.600,18

IN421D/11R15235

52493692X

José Luis Soliño Portela

8.128,7

2.633,70

IN421D/11R15446

34539789E

Aurelio Gómez Pérez

6.357,5

2.250,56

IN421D/11R15464

35526077R

Orencio Castro Ocampo

8.369

2.962,63

IN421D/11R15829

44819355Z

Luis Botana Seoane

8.530

3.000,00

IN421D/11R15884

B36507358

Ingeniería y Suministros, S.L.

13.376,53

4.012,96

IN421D/11R16014

76502831R

José Cancela García

14.582,6

3.000,00

IN421D/11R16256

35299613H

Juan Carlos Fontán Fontán

11.510

4.000,00

IN421D/11R16515

34971195V

Alberto Paz Pérez

8.625

2.794,50

IN421D/11R17345

76866012N

Benito Núñez Aragunde

31.053,72

7.500,00

IN421D/11R17351

B70030077

Saraitsa, S.L.

11.322,8

3.125,00

IN421D/11R17457

76872848V

Manuel Méndez Nieto

11.394

4.000,00

IN421D/11R17482

B32286619

Rodríguez Guede e Hijos

12.300

3.690,00

IN421D/11R17619

34957922S

Avelino Rodríguez Núñez

11.383

4.029,58

IN421D/11R17675

33300279M

Isabel Mosquera Taboada

12.298,54

3.984,73

IN421D/11R17927

44089600A

Laura Rial Iglesias

11.970

4.237,38

IN421D/11R18000

76984195K

Ángel Amoedo Riva

11.355,93

4.000,00

IN421D/11R18079

44458952K

Francisco Javier González Rodríguez

10.600

3.750,00

IN421D/11R18208

36032010A

Luis Manuel Ricoy Martínez

11.355,93

4.000,00

IN421D/11R18389

35569366G

Jorge Ricardo Suárez Aureliano

9.200

3.256,80

IN421D/11R18393

33351018Y

Mª Carmen López Yáñez

9.427,68

2.828,30

IN421D/11R18497

32606242Q

Joaquín Rodríguez Salgado

7.700

2.725,80

IN421D/11R18527

32786491Z

Juan Carlos Mosquera Martínez

4.366

1.545,56

IN421D/11R18614

76714814Q

Martín Chao Tizón

7.101,2

2.513,82

IN421D/11R18728

Q2866001G

Cruz Roja Española en Lugo

28.095,2

7.750,00

IN421D/11R18890

34990542K

Marta Mosquera Sánchez

11.010

3.897,54

IN421D/11R18967

A15235674

Aguardientes de Galicia, S.A.

450.200

30.000,00

IN421D/11R18988

B32121758

Granxas Portela, S.L.

13.632

4.089,60

IN421D/11R19021

78736456G

Patricia Piñeiro Otero

6.260

2.216,04

IN421D/11R19064

J27363779

Mezur, S.C.

25.870

7.500,00

IN421D/11R19549

B70294624

Intermax Technology, S.L.

12.160

3.648,00

IN421D/11R19615

35454797K

Ricardo Alfonsín Gándara

5.340

1.890,36

IN421D/11R19641

78805164B

Javier Mouriño López

12.860

4.500,00

IN421D/11R19693

B70294624

Intermax Technology, S.L.

12.160

3.648,00