Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 132 Mércores, 11 de xullo de 2012 Páx. 27760

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 1 de setembro de 2011, da Xefatura Territorial de Ourense, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica LMT e CT para EDAR no concello de Avión (expediente IN407A 2011/62-3).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 125 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización da seguinte instalación eléctrica:

Solicitante: Concello de Avión.

Domicilio social: Praza Maior s/n, 32500 Avión.

Denominación: LMT e CT para EDAR de Avión.

Situación: Avión.

Características ténicas:

LMT aerosubterránea a 20 kV de 21 m en aéreo con condutor LA-56 e 307 en subterráneo en condutor RHZ1 12/20 kV 3(1×95) mm2 con orixe na LMT ALB804 95 87 entre a LMT Beresmo 32A064 e a LMT Valderías 32PZ12 e remate no CT intemperie EDAR de Avión, de 50 kVA e R/T 20.000/400-230 V. Orzamento: 7.239,50 euros.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións nesta jefatura territorial, Curros Enríquez, 1-4º, no prazo de vinte días. Así mesmo, e durante o mencionado prazo, tamén se poderá examinar o proxecto da instalación.

Ourense, 1 de setembro de 2011

P.S.L. (Decreto 324/2009, do 11 de xuño)
María D. Pérez Ayuso
Xefa do Servizo de Enerxía e Minas