Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 132 Mércores, 11 de xullo de 2012 Páx. 27810

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Sanidade

CÉDULA do 20 de xuño de 2012, da Xefatura Territorial en Ourense, pola que se notifica a resolución do expediente sancionador 2012008TA-OU, incoado por infraccións en materia sanitaria.

O 9 de maio de 2012, a xefa territorial da Consellería de Sanidade en Ourense acordou a resolución do expediente sancionador 2012008TA-OU, a Rubén Cid Pousa DNI 34999512K. Intentada a notificación deste acordo segundo o disposto no artigo 59 da Lei 30/1992 do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, e non sendo posible a súa práctica, por medio da presente cédula, e segundo o disposto número 5 do referido artigo, notifícaselle a Rubén Cid Pousa DNI 34999512K, o dito acordo de inicio que figura como anexo, para que poida ter coñecemento del.

Así mesmo, fáiselle saber o dereito que o asiste, ao abeiro do disposto no número 1 do artigo 19 do Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto, polo que se aproba o Regulamento para o exercicio da potestade sancionadora, para presentar alegacións ante esta xefatura territorial no prazo 15 días hábiles, contados desde o seguinte ao da publicación desta cédula, e recórdaselle o seu dereito a consultar o expediente, depositado nas dependencias desta xefatura territorial, sita na avda. de Zamora, nº 13, Ourense, e obter, se é o caso, copia del, segundo o previsto na letra a) do artigo 35 da citada Lei 30/1992, do 26 de novembro.

Advírteselle que no caso de non efectuar alegacións sobre o contido do dito acordo no mencionado prazo, o acordo de inicio considerarase proposta de resolución cando conteña un pronunciamento preciso sobre a responsabilidade imputada, cos efectos previstos nos artigos 18 e 19 do Real decreto 1398/1993.

Esta cédula expídese para que conste e lle sirva de notificación ao interesado, en cumprimento co disposto no artigo 59.5 da Lei 39/1992, do 26 de novembro.

Ourense, 20 de xuño de 2012

María Villar Suárez
Xefa territorial de Ourense

ANEXO

Expediente sancionador: 2012008TA-OU.

Denunciado: Rubén Cid Pousa.

Documento de identificación: 34999512K.

Último enderezo coñecido: avda. de Celanova, 59-2º C, A Valenzá, 32890 Barbadás (Ourense).

Feito imputado: infracción en materia sanitaria.

Preceptos infrinxidos: artigos 19.2.a) da Lei 28/2005, de 26 de decembro, de medidas sanitarias fronte ao tabaquismo e reguladora da venda, a subministración, o consumo e a publicidade dos produtos de tabaco.

Tipificación: leve.

Sanción proposta: trinta euros (30,00 €).