Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 132 Mércores, 11 de xullo de 2012 Páx. 27707

II. Autoridades e persoal

b) Nomeamentos

Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

RESOLUCIÓN do 4 de xullo de 2012, da Secretaría Xeral para o Deporte, pola que se nomean os membros do Comité Galego de Xustiza Deportiva.

Primeiro. O 13 de abril de 2012 publicouse no DOG a nova Lei 3/2012, do 2 de abril, do deporte de Galicia, que entrou en vigor o 14 de abril de 2012, a cal, no seu artigo 92, dispón:

1. O Comité Galego de Xustiza Deportiva estará integrado por unha presidenta ou por un presidente e catro vogais, todos eles licenciados en dereito. Designaranse, igualmente, dous suplentes para os supostos de vacantes, enfermidade ou ausencia.

2. O nomeamento dos membros do Comité Galego de Xustiza Deportiva realizarao o órgano da Administración autonómica competente en materia deportiva. Na sesión constitutiva do órgano elixirase unha presidenta ou un presidente.

Segundo. A disposición derrogatoria única da nova Lei 3/2012 establece que quedan derrogadas cantas disposicións de igual ou inferior rango se opoñan ao disposto nesta lei e especialmente, a Lei 11/1997, do 22 de agosto, xeral do deporte de Galicia, e a súa normativa de desenvolvemento.

Pola súa banda, a disposición adicional segunda establece: «os órganos administrativos de nova creación que se prevén nesta lei e a adaptación a esta dos existentes (caso do CGXD) producirase no prazo dun ano contado desde a entrada en vigor desta lei».

Deste xeito, faise necesaria a adaptación do Comité Galego de Xustiza Deportiva e débese proceder ao nomeamento de novos membros deste consonte o disposto por ela.

Por todo o exposto, en uso das competencias atribuídas polo Decreto 325/2009, do 18 de xuño, de estrutura orgánica dos órganos superiores dependentes da Presidencia da Xunta de Galicia,

RESOLVO:

Primeiro. Nomear como membros titulares do Comité Galego de Xustiza Deportiva a:

Miguel Juane Sánchez.

Cristina Pedrosa Leis.

Mª Dolores Rodríguez Rodríguez.

Ángel Luís Rebolledo Varela.

Rafael Tena Núñez.

Segundo. Nomear como membros suplentes do Comité Galego de Xustiza Deportiva a:

Mª Teresa Álvarez Villaverde.

Miguel Meleiro Vázquez.

Terceiro. Ordenar a publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Contra esta resolución poderase interpoñer potestativamente recurso de reposición no prazo dun mes ou ben directamente recurso contencioso-administrativo ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da súa notificación, de conformidade co establecido no artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 4 de xullo de 2012

Por desconcentración (Decreto 325/2009)
José Ramón Lete Lasa
Secretario xeral para o Deporte