Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 131 Martes, 10 de xullo de 2012 Páx. 27607

V. Administración de xustiza

Audiencia Provincial de Pontevedra (Sección Primeira)

EDICTO (808/2011).

En Pontevedra, 24 de xaneiro de 2012.

María Jesús Prieto Toranzo, secretaria xudicial da Sección Primeira da Audiencia Provincial de Pontevedra, certifico que na peza civil número 808/2011, dimanante do xuízo ordinario número 744/09 procedente do Xulgado do Mercantil número 1 de Pontevedra, recaeu sentenza, do teor literal seguinte:

A Sección Primeira da Audiencia Provincial de Pontevedra, composta polos maxistrados Francisco Javier Menéndez Estébanez, María Begoña Rodríguez González, Jacinto José Pérez Benítez, ditou

En nome do Rei.

A seguinte sentenza número 10.

«En Pontevedra, 20 de xaneiro de 2012.

Visto en grao de apelación ante esta Sección Primeira da Audiencia Provincial de Pontevedra, os autos de procedemento ordinario 744/09, procedentes do Xulgado do Mercantil número 1 de Pontevedra, aos cales correspondeu a peza número 808/2011, en que aparece como parte apelante-demandante Estrella Arauzo Iglesias, representada polo procurador Carlos Vila Crespo, e asistida polo letrado Juan C. Guindos Lindín, e como parte apelada-demandada Teva María Pazos Vidal, que non compareceu nesta alzada, e sendo relatora a maxistrada María Begoña Rodríguez González, quen expresa o parecer da sala.

Seguen antecedentes de feito e fundamentos xurídicos.

Decidimos que, desestimando o recurso de apelación formulado por Estrela Arauzo Iglesias representada polo procurador Carlos Vila Crespo contra a sentenza ditada nos autos de xuízo ordinario número 744/09 polo Xulgado do Mercantil número 1 desta cidade debémola confirmar e confirmámola integramente con imposición das custas á apelante.

Declárase a perda do depósito constituído ao apelar.

Así o acordan, mandan e asinan os maxistrados que compoñen esta sala, Francisco Javier Menéndez Estébanez, presidente; María Begoña Rodríguez González, relatora, e Jacinto José Pérez Benítez.

Seguen as rúbricas. Certifico».

O insertado concorda ben e fielmente co seu orixinal ao que me remito en caso necesario, para que así conste e se remita ao Diario Oficial de Galicia, para que sirva de notificación a Teva María Pazos Vidal, expido e asino este testemuño.

Pontevedra, 24 de xaneiro de 2012

A secretaria xudicial