Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 130 Luns, 9 de xullo de 2012 Páx. 27358

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 da Coruña

EDICTO (626/2010).

Juan Rey Pita, secretario xudicial do Xulgado do Social número 3 da Coruña, fago saber:

Que no procedemento ordinario 626/2010 deste Xulgado do Social, seguido por instancia de Juan Antonio Cordero Pena contra a empresa Piedras Rústicas Gallegas, S.L., sobre ordinario, se ditou a seguinte resolución:

«A Coruña, 12 de xuño de 2012.

Carlos Villarino Moure, maxistrado xuíz do Xulgado do Social número 3 da Coruña, tras ver os presentes autos sobre ordinario entre partes, dunha e como demandante Juan Antonio Cordero Pena, que comparece a letrada Loreto Briones Amor, e doutra como demandado Piedras Rústicas Gallegas, S.L., que non comparece malia estar citada en legal forma.

Decisión:

Que estimando a demanda formulada por Juan Antonio Cordero Pena contra a empresa Piedras Rústicas Gallegas, S.L. condeno esta a aboarlle a cantidade de 4.593,91 euros, que lle debe en concepto de salarios e demais conceptos cos xuros conforme o artigo 29.3 do ET.

Notifíqueselles esta sentenza ás partes advertindo que contra ela poderán interpor recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza, que deberá ser anunciado por comparecencia ou mediante escrito neste xulgado dentro dos cinco días seguintes á notificación desta sentenza, ou por simple manifestación no momento en que se lle practique a notificación. Advírtaselle igualmente ao recorrente que non fose traballador ou beneficiario do réxime público de Seguridade Social, ou habente causa seu, ou non teña recoñecido o beneficio de xustiza gratuíta, que deberá depositar a cantidade de 300 euros na conta aberta en Banesto (0030.1846) a nome deste xulgado co número 1533 0000 36 0626 10, acreditando mediante a presentación do xustificante de ingreso no período comprendido ata a formalización do recurso así como, no caso de ter sido condenado en sentenza ao pagamento dalgunha cantidade, consignar na conta de depósitos e consignacións a nome deste xulgado, co número 1533 0000 60 0626 10, a cantidade obxecto de condena, ou formalizar aval bancario pola dita cantidade en que se faga constar a responsabilidade solidaria do avalista, incorporándoos a este xulgado co anuncio de recurso. En todo caso, o recorrente deberá designar letrado para a tramitación do recurso no momento de anuncialo.

Así, por esta a miña sentenza, definitivamente xulgando, o pronuncio, mando e asino.

Publicación. Lida e publicada foi a anterior sentenza polo maxistrado que a ditou, encontrándose realizando audiencia pública no día da data, do cal dou fe».

E para que sirva de notificación en legal forma a Piedras Rústicas Gallegas, S.L., expido o presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

A Coruña, 18 de xuño de 2012

O secretario xudicial