Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 130 Luns, 9 de xullo de 2012 Páx. 27356

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 2 do Porriño

EDICTO (551/2010).

Yolanda Mª Fernández Rodiño, secretaria xudicial do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 2 do Porriño, fago saber que no xuízo ordinario número 551/2010, seguido neste xulgado por instancia de Banco Popular Español contra Kicisa, S.L., Grupo Financiero Alcazar, S.L., María Isabel Varela Díaz e Francisco Javier Rodríguez González, ditouse a resolución cuxa parte dispositiva se xunta:

«Vistos por mín, Patricia López Arranz, xuíza do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 2 do Porriño, estes autos de xuízo ordinario promovido polo Banco Popular Español, S.A., representado polo procurador Juan Manuel Señoráns Arca e asistido polo letrado José Alberto Simón Sánchez contra Grupo Financiero Alcazar, S.L., Kicisa, S.L., Francisco Javier Rodríguez González (rebeldes) e María Isabel Varela Díaz, representada pola procuradora Ángeles González Rodríguez e asistida da letrada Carmen Tarrón Couto, procedo a ditar sentenza de conformidade cos seguintes:

(Seguen antecedentes de feito e fundamentos de dereito)

Decido que debo estimar e estimo a demanda presentada polo procurador Juan Manuel Señoráns Arca, en nome e representación de Banco Popular Español, S.A., e condeno a Grupo Financiero Alcazar, S.L., Kicisa, S.L., Francisco Javier Rodríguez González e María Isabel Varela Díaz a aboar solidariamente ao demandante a cantidade de 21.629,64 euros máis os xuros de demora pactados contractualmente, devindicados desde a data de peche, 5 de marzo de 2010, ata o completo pagamento do principal.

Condeno en custas a parte demandada.

Notifíquese esta resolución ás partes, facéndolles saber que non é firme e que contra ela cabe recurso de apelación no prazo de 20 días desde o seguinte ao da súa notificación, debendo interpoñerse ante este xulgado, logo de consignación da cantidade correspondente na conta de depósitos e consignacións.

Así por esta a miña sentenza, pronúncioo, mándoo e asínoo.

Publicación. A anterior sentenza foi publicada pola xuíza que a subscribe no mesmo día da súa data, tendo lugar audiencia pública coa miña asistencia, a secretaria, do que dou fe».

E para que sirva de notificación en legal forma a Francisco Javier Rodríguez González en ignorado paradoiro, expido a presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

O Porriño, 15 de maio de 2012

A secretaria xudicial