Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 130 Luns, 9 de xullo de 2012 Páx. 27364

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 da Coruña

EDICTO (381/2010).

Juan Rey Pita, secretario xudicial do Xulgado do Social número 3 da Coruña, fago saber que no procedemento de demanda 381/2010 deste xulgado do social, seguido por instancia de María Teresa Vázquez Valiño contra a empresa Bath Line Coruña, S.L.U., sobre ordinario, ditouse a seguinte:

«A Coruña o doce de xuño de dous mil doce.

Carlos Villarino Moure, maxistrado xuíz do Xulgado do Social número 3 da Coruña, tras ver os presentes autos sobre ordinario entre partes, dunha e como demandante María Teresa Vázquez Valiño, que comparece asistida polo letrado Antonio Pousa Meréns, e doutra como demandada a empresa Bath Line Coruña, S.L.U., que non comparece malia estar citada en legal forma.

Decido que, estimando a demanda formulada por María Teresa Vázquez Valiño contra a empresa Bath Line Coruña, S.L.U., condeno esta a aboarlle a cantidade de 850,25 euros que lle debe en concepto de salarios e demais conceptos.

Notifíquese esta sentenza ás partes advertindo que contra ela non cabe interpoñer recurso ningún.

Así por esta a miña sentenza, definitivamente xulgando, pronúncioo, mándoo e asínoo.

Publicación. A anterior sentenza foi lida e publicada polo maxistrado que a ditou, achándose celebrando audiencia pública no día da data, do que dou fe».

E para que lle sirva de notificación en legal forma a Bath Line Coruña, S.L.U., e María Teresa Vázquez Valiño, en ignorado paradoiro, expido a presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

A Coruña, 18 de xuño de 2012

O secretario xudicial