Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 130 Luns, 9 de xullo de 2012 Páx. 27407

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 5 de xuño de 2012, da Xerencia de Xestión Integrada de Santiago de Compostela, pola que se anuncia a licitación, polo procedemento aberto e ordinario, do arrendamento, con opción de compra, da renovación do sistema de almacenamento central desta Xerencia no marco dos proxectos Innova Saúde e Hospital 2050 (AB-EIS1-12-016).

1. Entidade adxudicadora. Datos xerais e datos para a obtención da información.

a) Organismo: Xerencia de Xestión Integrada de Santiago de Compostela.

b) Dependencia que tramita o expediente: Servizo de Contratación Administrativa.

c) Obtención de documentación e información:

1) Dependencia: Hospital Clínico Universitario. Servizo de Contratación Administrativa.

2) Domicilio: A Choupana, s/n.

3) Localidade e código postal: 15706 Santiago de Compostela.

4) Teléfono: 981 95 02 60.

5) Telefax: 981 95 09 85.

6) Correo electrónico: susana.carro.varela@sergas.es

7) Enderezo da internet do perfil do contratante: www.sergas.es

8) Data límite de obtención de documentación e información: ata o último día do prazo de presentación de proposicións.

d) Número de expediente: AB-EIS1-12-016.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo: subministracións.

b) Descrición: arrendamento, con opción de compra, da renovación do sistema de almacenamento central da Xerencia de Xestión Integrada de Santiago de Compostela no marco dos proxectos Innova Saúde e Hospital 2050.

c) División por lotes e número de lotes/número de unidades: non.

d) Lugar de execución/entrega:

1) Domicilio: Complexo Hospitalario Universitario - A Choupana, s/n.

2) Localidade e código postal: 15706 Santiago de Compostela.

e) Prazo de execución/entrega: 36 meses.

f) Admisión de prórroga: non.

g) Establecemento dun acordo marco (de ser o caso): non.

h) Sistema dinámico de adquisición (de ser o caso): non.

i) CPV (referencia de nomenclatura): 48180000-3.

3. Tramitación e procedemento.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Poxa electrónica: non.

d) Criterios de adxudicación: véxanse os pregos.

4. Valor estimado do contrato: 455.000,00 euros.

5. Orzamento base de licitación.

Importe neto: 350.000,00 euros. Importe total: 413.000,00 euros.

6. Garantías exixidas.

Provisional (importe): non.

Definitiva: si.

7. Requisitos específicos do contratista.

a) Clasificación (grupo, subgrupo e categoría), se é o caso: non se exixe.

b) Solvencia económica e financeira e solvencia técnica e profesional, se é o caso: véxase o prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Outros requisitos específicos: –.

d) Contratos reservados: non.

8. Presentación de ofertas ou de solicitudes de participación.

a) Data límite de presentación: 10.8.2012.

b) Modalidade de presentación: véxanse os pregos.

c) Lugar de presentación:

1. Dependencia: Rexistro Xeral do Complexo Hospitalario Universitario de Santiago de Compostela.

2. Domicilio: A Choupana s/n.

3. Localidade e código postal: 15706 Santiago de Compostela.

4. Enderezo electrónico: susana.carro.varela@sergas.es

d) Número previsto de empresas ás cales se pretende invitar a presentar ofertas (procedemento restrinxido): –.

e) Admisión de variantes, se procede: non.

f) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: dous meses contados desde a apertura das proposicións.

9. Apertura de ofertas.

a) Descrición: –.

b) Enderezo: sala de xuntas do Hospital Clínico Universitario.

c) Localidade e código postal: 15706 Santiago de Compostela.

d) Data e hora: publicarase no perfil do contratante.

10. Gastos de publicidade: véxanse os pregos.

11. Outras informacións: –.

Santiago de Compostela, 5 de xuño de 2012

Luis Verde Remeseiro
Xerente de Xestión Integrada de Santiago de Compostela