Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 130 Luns, 9 de xullo de 2012 Páx. 27411

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 5 de xuño de 2012, da Xerencia do Hospital da Costa, pola que se anuncia a contratación da subministración sucesiva de reactivos e demais material necesario para a realización de determinacións ou probas de inmunohistoquímica e histoquímica e o arrendamento do equipamento necesario para o Hospital da Costa (AB-HCC1-12-004).

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Hospital da Costa.

b) Dependencia que tramita o expediente: Departamento de Contratación.

c) Obtención de documentación e información:

1) Dependencia: Departamento de Contratación.

2) Domicilio: r/ Rafael Vior, s/n.

3) Localidade e código postal: 27880 Burela, Lugo.

4) Teléfono: 982 58 99 56/982 58 97 25.

5) Fax: 982 58 99 86.

6) Enderezo da internet do perfil do contratante: www.sergas.es

7) Data límite de obtención de documentación e información: ata o último día do prazo de presentación de proposicións.

d) Número de expediente: AB-HCC1-12-004.

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: subministración.

b) Descrición: subministración sucesiva de reactivos e demais material necesario para a realización de determinacións ou probas de inmunohistoquímica e histoquímica e o arrendamento do equipamento necesario.

c) División por lotes e número: lote único.

d) Lugar de execución: Hospital da Costa.

e) Prazo de execución: 24 meses desde a formalización do contrato.

f) Admisión de prórroga: véxanse os pregos.

g) CPV: 33696500-0/38434000-6.

3. Tramitación, procedimento:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Poxa electrónica: non.

d) Criterios de adxudicación:

Criterios

Puntuación

Oferta económica

Sistema automático de inmunotinguidura

Sistema de desenmascaramento e tinguidura inmunohistoquímica

Sistema de tinguiduras de histoquímica

Interconexión dos equipos

Características dos materiais

Melloras

0-50

0-10

0-5

0-10

0-10

0-5

0-10

4. Orzamento base de licitación: importe neto: 169.525,42 € sen IVE; o importe do IVE: 13.714,58 €; o orzamento total con IVE: 183.240,00 €.

5. Garantías exixidas:

Garantía provisional: non se exixe.

Garantía definitiva: véxase a cláusula 6.7 do prego de cláusulas administrativas particulares.

6. Requisitos específicos do contratista:

a) Clasificación: non se exixe.

b) Solvencia económica e financeira e solvencia técnica ou profesional: véxase a cláusula 5.3 do prego de cláusulas administrativas particulares.

7. Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación:

a) Data límite de presentación: antes das 14.00 horas do día 6 de agosto de 2012.

Se o último día de presentación de solicitudes coincidise en sábado o día inhábil, na localidade establecida na cláusula 5.2 do prego de cláusulas administrativas particulares, o prazo de presentación prorrogarase ao primeiro día hábil seguinte.

b) Modalidade de presentación: véxanse os pregos.

c) Lugar de presentación: Rexistro Xeral do Hospital da Costa (véxanse as cláusulas 5.2 do prego de cláusulas administrativas particulares).

d) Admisión de variantes: non.

e) Prazo en que o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: dous meses contados desde a data de apertura das proposicións para a adxudicación.

8. Apertura das ofertas:

a) Enderezo: Hospital da Costa; r/ Rafael Vior, s/n.

b) Localidade e código postal: Burela (Lugo) 27880.

c) Data e hora: a apertura dos sobres B e C publicarase no perfil do contratante www.sergas.es e no taboleiro de anuncios do órgano de contratación.

9. Gastos de publicidade: si; serán por conta do adxudicatario. Véxase cláusula 3.5 do prego de cláusulas administrativas particulares.

10. Outras informacións: véxanse os pregos.

11. Data de envío do anuncio ao Diario Oficial de la Unión Europea: 19 de xuño de 2012.

Burela, 5 de xuño de 2012

José Ínsua Pernas
Director gerente do Hospital da Costa