Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 130 Luns, 9 de xullo de 2012 Páx. 27382

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Traballo e Benestar

RESOLUCIÓN do 22 de xuño de 2012, da Dirección Xeral de Relacións Laborais, pola que se empraza o traballador Francisco Salgueiro Prado no recurso contencioso-administrativo, procedemento abreviado 15/2012, interposto pola empresa Clavo Congelados, S.A.

Intentada a notificación persoal e devolta polo servizo de Correos por resultar imposible a súa práctica, de conformidade co disposto nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, parcialmente modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, pola presente resolución notifícaselle ao traballador Francisco Salgueiro Prado o emprazamento no recurso contencioso-administrativo, procedemento abreviado 15/2012, interposto pola empresa Clavo Congelados, S.A.

A Dirección Xeral de Relacións Laborais recibiu do Xulgado do Contencioso-Administrativo nº 1 de Pontevedra providencia pola que se admite a trámite a demanda correspondente ao recurso contencioso-administrativo, procedemento abreviado 15/2012, interposto pola empresa Clavo Congelados, S.A. contra a Resolución do 9 de novembro de 2011, da Dirección Xeral de Relacións Laborais da Consellería de Traballo e Benestar, e recaída no expediente sancionador na orde social nº 2009/0507-4; acta de infracción nº 110809/2009/4/H.

En consecuencia, esta dirección xeral acordou de conformidade co disposto no artigo 49 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, a remisión do correspondente expediente administrativo ao referido xulgado, polo que se notifica e empraza o traballador Francisco Salgueiro Prado para que nun prazo de nove (9) días, contados desde o seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, se o estima conveniente, poida comparecer en autos mediante procurador con asistencia de letrado ou valéndose tan só de avogado con poder para o efecto. De comparecer fóra do indicado prazo, será considerado como parte, sen que por iso deba retrotraerse nin interromperse o curso do procedemento e, se non comparece oportunamente, continuará o procedemento polos seus trámites, sen que se lle teña que practicar notificación de ningunha clase.

Santiago de Compostela, 22 de xuño de 2012

Odilo Martiñá Rodríguez
Director xeral de Relacións Laborais