Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 130 Luns, 9 de xullo de 2012 Páx. 27379

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

CÉDULA do 18 de xuño de 2012, da Dirección Xeral de Industria, Enerxía e Minas, pola que se notifica a Resolución do 23 de maio de 2012, ditada no expediente sancionador IN635C 2011/46-4, por infracción administrativa grave en materia de minas.

De conformidade co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE núm. 285, do 27 de novembro), modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro (BOE núm. 12, do 14 de xaneiro), notifícase ao titular que no anexo se menciona a resolución de expediente sancionador en materia de minas por infracción da Lei 22/1973, do 21 de xullo, de minas, e da Lei 3/2008, do 23 de maio, de ordenación da minaría de Galicia, que, intentada polos medios habituais, non puido practicarse a súa notificación.

Esta resolución non esgota a vía administrativa, e contra ela os interesados poderán interpoñer recurso de alzada perante o conselleiro de Economía e Industria no prazo dun (1) mes desde o día seguinte ao da súa publicación, sen prexuízo de que os interesados poidan interpoñer calquera outro que consideren oportuno.

De non presentar recurso no devandito prazo, a sanción devirá firme, e poderá facerse efectiva en período voluntario nos seguintes prazos: a) publicación entre os días 1 e 15 de cada mes, desde a data de publicación ata o día 20 do mes posterior ou, se este non fose hábil, ata o inmediato hábil seguinte, b) publicación entre os días 16 e derradeiro de cada mes, desde a data da publicación ata o día 5 do segundo mes posterior ou, se este non fose hábil, ata o inmediato seguinte. O pagamento realizarase por transferencia bancaria mediante os impresos formalizados que lles serán facilitados nas dependencias do departamento territorial, a favor do Tesouro da Facenda galega. De non efectuarse o ingreso no citado prazo, procederase á súa exacción por vía de constrinximento, segundo o disposto pola Orde do 23 de novembro de 2001, da Consellería de Economía e Facenda (DOG do 5 de decembro).

Santiago de Compostela, 18 de xuño de 2012

Ángel Bernardo Tahoces
Director xeral de Industria, Enerxía e Minas

ANEXO

Expediente: IN635C 2011/46-4.

Denunciada: Granitos Almansa, S.L.

CIF: B-36963478.

Explotación mineira: Sarmaganta, nº 26.

Enderezo: rúa Laxes, nº 4.

Localidade: Gondomar.

Precepto infrinxido: artigos 121.2.d da Lei 22/1973 e 57.b da Lei 3/2008.

Resolución: 23 de maio de 2012.

Sanción: multa de trinta mil un euros (30.001,00 €).