Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 129 Venres, 6 de xullo de 2012 Páx. 27209

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Vigo

ANUNCIO da aprobación inicial da modificación puntual 4 do Plan xeral de ordenación municipal (expediente 13145/411).

O Pleno do Concello de Vigo, en sesión extraordinaria do día 4 de xuño de 2012, adoptou o seguinte acordo:

«Primeiro. Aprobar inicialmente a modificación puntual número 4 do PXOM, relativa ao fondo edificable nas ordenanzas 3 e 4, versión v.1, formulada de oficio pola Xerencia Municipal de Urbanismo do Concello de Vigo, e redactada polos servizos técnicos e xurídicos da XMU con data de xaneiro de 2012.

Segundo. Abrir un trámite de información pública durante o prazo de dous meses, mediante a inserción de anuncios no DOG e en dous dos xornais de maior difusión da provincia, e dar audiencia simultaneamente durante o mesmo prazo aos municipios limítrofes.

Ao mesmo tempo, solicitar das administracións públicas competentes os informes sectoriais que resulten necesarios.

Terceiro. Para os efectos do artigo 77.2 da Louga, determinar expresamente que as parcelas afectadas pola modificación proposta son as que se rexen polas ordenanzas 3 e 4, matizando que consonte a normativa de aplicación en todo caso poderán concederse licenzas baseadas no réxime vixente, que en todo caso respectarán as determinacións do novo planeamento, en atención ao disposto no artigo 120.1 do RPU, en relación co artigo 77 da Louga».

Vigo, 14 de xuño de 2012

P.D.
María del Carmen Silva Rego
Concelleira delegada da Área de Urbanismo, Cascos Históricos
e Grandes Proxectos