Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 129 Venres, 6 de xullo de 2012 Páx. 27208

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Vigo

ANUNCIO polo que se fai público o convenio de colaboración entre o Concello de Vigo e a Universidade de Vigo para a cesión das parcelas 4A e 4B da primeira fase da ampliación da cidade universitaria (expediente 5056/401).

O Consello da Xerencia Municipal de Urbanismo do Concello de Vigo, en sesión ordinaria do día 18 de maio de 2012, adoptou o seguinte acordo:

«Primeiro. En atención aos informes favorables que constan no expediente, aprobar o texto do convenio de colaboración entre o Concello de Vigo, Xerencia Municipal de Urbanismo, e a Universidade de Vigo para a cesión dos terreos municipais resultantes da execución da primeira fase do proxecto expropiatorio para a ampliación da cidade universitaria.

Segundo. Notificar este acordo á Universidade de Vigo, ordenar a súa publicación na páxina web municipal xunto co texto do convenio aprobado, que se insire a continuación, e dispor a publicación da aprobación do convenio mediante anuncio no Diario Oficial de Galicia, con expresa mención á dispoñibilidade do texto íntegro do convenio na páxina web municipal».

Vigo, 8 de xuño de 2012

María del Carmen Silva Rego
Concelleira delega da Área de Urbanismo, Cascos Históricos
e Grandes Proxectos