Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 129 Venres, 6 de xullo de 2012 Páx. 27179

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Traballo e Benestar

CÉDULA do 14 de xuño de 2012, da Xefatura Territorial de Vigo, pola que se notifica o levantamento da suspensión e o trámite de audiencia do expediente sancionador na orde social RL 2005/0653-4.

Ao non seren atopados no enderezo coñecido por esta xefatura territorial os titulares da empresa que se indica a continuación, resolvo notificar por este medio, ao abeiro dos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, o fin da suspensión cautelar e a reiniciación da tramitación do expediente sancionador de referencia, nesta sección de sancións, do Servizo de Relacións Laborais en Vigo, a copia da sentenza firme do Xulgado do Penal número 2 de Vigo, recaída no procedemento 71/2011, polo accidente laboral mortal do traballador Moisés Delgado Serrano.

Os documentos que constan nos expedientes son:

– Acta de infracción.

– Xustificantes da notificación.

– Escrito de alegacións da empresa.

– Escritos de alegacións das empresas solidarias.

– Copia da sentenza xudicial.

Concédeselle un prazo de dez días hábiles para formular as alegacións que considere pertinentes. Transcorrido este prazo, procederase a ditar resolución.

Expediente: RL 2005/0653-4.

Acta número 1339/2005.

Empresa: Xescón 2004, S.L.

NIF/DNI: B36473007.

Enderezo: Andrés Muruais, 8-3º C, Pontevedra.

Vigo, 14 de xuño de 2012

Carmen Bianchi Valcarce
Xefa territorial de Vigo