Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 129 Venres, 6 de xullo de 2012 Páx. 27042

III. Outras disposicións

Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

CORRECCIÓN de erros. Resolución do 22 de xuño de 2012, da Secretaría Xeral para o Turismo, pola que se establecen as bases reguladoras, en réxime de concorrencia competitiva, de subvencións a entidades privadas para incentivar o turismo mediante a creación de hoteis-balneario e hoteis-talaso na Comunidade Autónoma de Galicia e se procede á súa convocatoria no ano 2012, cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional no marco do Programa operativo Feder Galicia 2007-2013.

Advertido erro na Resolución do 22 de xuño de 2012, da Secretaría Xeral para o Turismo, pola que se establecen as bases reguladoras en réxime de concorrencia competitiva de subvencións a entidades privadas para incentivar o turismo mediante a creación de hoteis-balneario e hoteis-talaso na Comunidade Autónoma de Galicia e se procede á súa convocatoria para o ano 2012, cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional no marco do Programa operativo Feder Galicia 2007-2013, publicada no DOG nº 130, do 2 de xullo de 2012, faise a oportuna corrección:

– Na páxina 26126, o punto 1 do artigo 3, Lugar e prazo de presentación, queda redactado tal e como se publica a continuación:

1. As solicitudes presentaranse no Rexistro Único da Xunta de Galicia ou por calquera outro dos restantes medios previstos na Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común. Tamén poderán presentarse en sede electrónica no enderezo da internet, https://sede.xunta.es, conforme o disposto no Decreto 198/2010, do 2 de decembro, polo que se regula o desenvolvemento da Administración electrónica na Xunta de Galicia e nas entidades dela dependentes.