Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 128 Xoves, 5 de xullo de 2012 Páx. 26797

IV. Oposicións e concursos

Consellería do Medio Rural e do Mar

ORDE do 21 de xuño de 2012 pola que se resolve a convocatoria pública para a provisión, polo sistema de libre designación, de dous postos de traballo vacantes nesta consellería.

Convocada a provisión, polo sistema de libre designación, de dous postos de traballo vacantes na Consellería do Medio Rural e do Mar, mediante a Orde do 19 de abril de 2012 (DOG nº 85, do 4 de maio), de conformidade co establecido nas bases quinta e sexta da referida orde,

RESOLVO:

Primeiro. Adxudicarlles destino, nos postos de traballo que se indican, aos funcionarios que se citan no anexo desta orde, seleccionados conforme o establecido nas bases da convocatoria, realizada pola Orde desta consellería do 19 de abril de 2012.

Segundo. O cesamento no actual destino dos funcionarios que obtiveron praza producirase no prazo de tres días, que se contarán a partir do seguinte ao da data da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.

Se na data en que deben cesar no seu destino os funcionarios están gozando un período de licenza, vacacións ou permiso, o prazo para efectualo empezará a contar a partir do día seguinte ao da súa incorporación.

A toma de posesión da praza adxudicada deberase realizar no prazo dos tres días seguintes ao do cesamento, de tratarse da mesma localidade en que actualmente prestan os seus servizos os funcionarios, ou no prazo dun mes, de tratarse de distinta localidade, conforme o establecido no artigo 14 do Decreto 93/1991, do 20 de marzo.

Terceiro. Os xefes dos centros en que causen baixa os funcionarios, así como os daqueles en que obteñan destino, consignarán no título administrativo, dentro do prazo sinalado no punto anterior, as correspondentes dilixencias de cesamento e de toma de posesión, das cales se dará traslado, mediante copia, á Dirección Xeral da Función Pública.

Cuarto. Contra esta orde, que esgota a vía administrativa, os interesados poderán interpor recurso potestativo de reposición ante esta consellería, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa publicación no DOG, de conformidade co establecido na Lei 30/1992, do 26 de novembro, na súa nova redacción dada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, ou poderán impugnala directamente perante o xulgado do contencioso-administrativo competente no prazo de dous meses contados a partir da mesma data, segundo o establecido na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 21 de xuño de 2012

P.D. (30.3.2012; DOG do 12 de abril)
Francisco José Vidal-Pardo Pardo
Secretario xeral técnico da Consellería do Medio Rural e do Mar

ANEXO

Apelidos e nome: Fernández Fernández, Josefa.

NRP: 3275608224A2066.

Grupo: A1.

Corpo/escala: corpo facultativo superior da Xunta de Galicia-escala de enxeñeiros de montes.

Denominación do posto: xefe/a do Servizo de Montes.

Código: MR.C99.10.801.15001.001.

Nivel: 28.

Dependencia: Xefatura Territorial da Coruña.

Localidade: A Coruña.

Apelidos e nome: Rodríguez Vázquez, Manuel.

NRP: 3264791568A2077.

Grupo: A2.

Corpo/escala: corpo facultativo de grao medio da Xunta de Galicia-escala de enxeñeiros técnicos agrícolas.

Denominación do posto: xefe/a do Servizo de Infraestruturas Agrarias.

Código: MR.C99.10.401.15001.001.

Nivel: 28.

Dependencia: Xefatura Territorial da Coruña.

Localidade: A Coruña.