Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 128 Xoves, 5 de xullo de 2012 Páx. 26889

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Traballo e Benestar

RESOLUCIÓN do 13 de xuño de 2012, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se anuncia o procedemento aberto, tramitación ordinaria, para contratar o servizo de vixilancia nocturna no Complexo de Menores de Ferrol.

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Xefatura Territorial da Coruña.

b) Dependencia que tramita o expediente: Servizo de Xestión Económica.

c) Obtención de documentación e información:

1. Dependencia: Servizo de Xestión Económica.

2. Domicilio: avda. Salvador de Madariaga, nº 9-1º andar, C. C. Elviña.

3. Código postal e localidade: 15008 A Coruña.

4. Teléfono: 981 18 57 10.

5. Fax: 881 88 12 50/981 18 57 01.

6. Perfil do contratante: http://www.contratosdegalicia.es

7. Data límite de obtención de documentación e información: desde a publicación deste anuncio ata a finalización do prazo de presentación de propostas.

d) Número de expedientes: 1.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo: servizo.

b) Descrición: expediente nº 59/2012.

1. Servizo de vixilancia nocturna no Complexo de Menores de Ferrol, A Coruña.

c) División por lotes: non.

d) Prazo de execución: desde o 1 de agosto de 2012 ata o 31 de decembro de 2013.

e) Admisión de prórroga: o contrato poderá ser obxecto dunha prórroga de 12 meses, por mutuo acordo das partes antes da súa finalización.

f) CPA 2008: 80.10.12.

3. Tramitación e procedemento.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Criterios de adxudicación: os establecidos no prego de cláusulas administrativas na alínea L) da folla de especificacións.

4. Orzamento base de licitación.

a) Importe neto: sesenta e sete mil catrocentos dezanove euros con sesenta céntimos (67.419,60 €). IVE 18%: doce mil cento trinta e cinco euros con cincuenta e tres céntimos (12.135,53 €). Importe total: setenta e nove mil cincocentos cincuenta e cinco euros con trece céntimos (79.555,13 €).

5. Garantías exixidas.

a) Provisional: non se exixe.

b) Definitiva: 5% do importe de adxudicación, IVE excluído.

6. Requisitos específicos do contratista.

a) Clasificación: non se exixe.

b) Solvencia económica e financeira e solvencia técnica e profesional: ver prego de cláusulas administrativas particulares, alínea I) da folla de especificacións.

7. Presentación de ofertas e solicitudes de participación.

a) Data límite de presentación: 15 días naturais contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

b) Modalidade de presentación: a establecida no número 6 do prego de cláusulas administrativas.

c) Lugar de presentación:

1. Dependencia: Rexistro Xeral da Xefatura Territorial da Consellería de Traballo e Benestar da Coruña.

2. Domicilio: avda. Salvador de Madariaga, nº 9, 1º andar C.C.Elviña.

3. Código postal e localidade: 15008 A Coruña.

Ou calquera das formas previstas no artigo 80 do Regulamento xeral da Lei de Contratos das administracións públicas.

d) Admisión de variantes: non.

e) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: dous meses.

8. Apertura de ofertas.

a) Enderezo: avda. Salvador de Madariaga, nº 9, 1º andar C.C.Elviña, 15008 A Coruña.

b) Apertura de ofertas: ás 9.00 horas do sexto día natural contado desde a finalización do prazo de presentación de propostas.

9. Gastos de publicidade: serán por conta do adxudicatario (aprox. 5,42 euros por liña).

10. Outras informacións: ver os pregos.

A Coruña, 13 de xuño de 2012

P.D. (Orde 19.8.2009)
Luis Alberto Álvarez Freijido
Xefe territorial da Coruña