Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 128 Xoves, 5 de xullo de 2012 Páx. 26888

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 14 de xuño de 2012, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de autorización dunha instalación eléctrica no concello de Meaño (expediente IN407A 2012/143-4).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 125 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización das instalacións eléctricas que se describen:

Solicitante: ATTIS Bodegas y Viñedos, S.L.

Enderezo social: Morouzos, Dena, 36967 Meaño.

Denominación: L.M.T. de acometida ao C.T. para unha adega en Morouzos-Dena.

Situación: Meaño.

Descricións técnicas: L.M.T. aérea a 20 kV con condutor LA-56, un van destensado de 5 metros, con orixe no apoio existente da L.M.T. de Unión Fenosa Distribución, S.A. e final no apoio proxectado HV630-R13 (paso aéreo-subterráneo), continuando logo subterránea 542 metros con condutor R.H.Z.1 e finalizando no centro de transformación que dará subministración a unha adega en Morouzos-Dena, Meaño.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, edificio administrativo, avda. Fernández Ladreda 43, 5º, no prazo de vinte días. Así mesmo, e durante o mencionado prazo, tamén se poderá examinar o proxecto da instalación.

Pontevedra, 14 de xuño de 2012

Ignacio Rial Santomé
Xefe territorial de Pontevedra