Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 127 Mércores, 4 de xullo de 2012 Páx. 26704

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia de Protección da Legalidade Urbanística

CÉDULA do 19 de xuño de 2012 pola que se notifica a proposta de resolución de expediente sancionador por infracción urbanística 107 C 2011/61-0.

O instrutor do expediente sancionador, o día 30 de maio de 2012 elaborou a proposta de resolución do expediente sancionador por infracción urbanística 107 C 2011/61-0, incoado polas obras consistentes na construción dunha vivenda unifamiliar sen vinculación a explotación agrícola ou gandeira, no lugar de Penencia, parroquia de Doniños, termo municipal de Ferrol, provincia da Coruña.

Ao non poderse realizar a notificación persoal daquela proposta a Elías Prado Díaz e Mª del Mar Blanco Roca, mediante esta cédula, e ao abeiro do disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (LRXPAC), notifícaselles aos interesados a devandita proposta.

Tendo en conta que, en atención ao previsto no artigo 61 da LRXPAC, o acto non se publica na súa integridade, fáiselles saber aos interesados que o texto íntegro da proposta que se notifica está ao seu dispor nas dependencias da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, sitas no edificio Witland, Salgueiriños, en Santiago de Compostela para a súa consulta, no prazo de dez (10) días hábiles, que se contarán desde o día seguinte ao da publicación desta cédula. Transcorrido o devandito prazo, a notificación entenderase producida.

Os interesados disporán dun prazo de quince (15) días hábiles para formularen alegacións e presentaren os documentos e informacións que xulguen pertinentes.

Para que conste e lles sirva de notificación aos citados interesados, en cumprimento do disposto no artigo 59.5 da citada Lei 30/1992, do 26 de novembro, expido e asino esta cédula.

Santiago de Compostela, 19 de xuño de 2012

P.S. (Artigo 3 do Decreto 51/2008, do 6 de marzo; DOG nº 59, do 27 de marzo)
José María Domínguez Blanco
Subdirector da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística