Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 126 Martes, 3 de xullo de 2012 Páx. 26546

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural e do Mar

CÉDULA do 18 de xuño de 2012, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se fai pública unha relación de notificacións de resolucións de expedientes sancionadores (PESAN1 2011/001282-5 e dous máis).

De conformidade co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE nº 285, do 27 de novembro), notifícanselles ás persoas que a continuación se relacionan as resolucións dos expedientes instruídos por infracción da Lei 11/2008, do 3 de decembro, de pesca de Galicia, modificada pola Lei 6/2009, do 11 de decembro.

As persoas interesadas dispoñen dun prazo de dez días, contado a partir do día seguinte ao da publicación deste edicto, para examinaren o expediente e interpoñeren, dentro do prazo que en cada caso se estableza, o recurso pertinente.

Os expedientes relacionados a seguir atópanse á disposición dos interesados na Xefatura de Coordinación da Área do Mar, Vigo, r/ Concepción Arenal, 8.

Nº de expediente: PESAN1 2011/001282-5.

Denunciado: Francisco Villanueva Piñeiro.

DNI: 35277602-H.

Enderezo: A Carrasqueira nº 42, Bueu (Pontevedra).

Precepto infrinxido: 137.F.9, 137.F.12.

Sanción: 2.336 euros.

Nº de expediente: PESAN1 2012/000028-5.

Denunciado: Rubén Sampedro Ramírez.

DNI: 53114945-X.

Enderezo: Dr. Otero Ulloa 114-2º B, Seixo, Marín (Pontevedra).

Precepto infrinxido: 137.D.2.

Sanción: 300 euros.

Nº de expediente: PESAN1 2012/000044-5.

Denunciado: David Calvo del Río.

DNI: 35460583-B.

Enderezo: rúa Progreso nº 3, A Torre, Vilagarcía de Arousa (Pontevedra).

Precepto infrinxido: 137.B.2.

Sanción: 500 euros.

De conformidade co previsto na Orde da Consellería de Economía e Facenda do 23 de novembro de 2001 (DOG nº 235, do 5 de decembro), os importes das ditas sancións deberán ser aboados nos prazos que establece o artigo 62.2 da Lei 58/2003, do 17 de decembro, xeral tributaria, ou do contrario procederase, sen máis trámite, ao seu cobramento pola vía de constrinximento regulamentaria. Para o pagamento en período voluntario os interesados deberán recoller na antedita Xefatura de Coordinación da Consellería do Medio Rural e do Mar o documento de ingreso correspondente.

Se cumpren os requisitos previstos no artigo151 da Lei 11/2008, do 3 de decembro, poderán solicitar, no prazo dun mes contado a partir da firmeza da presente resolución, a suspensión condicional da execución da sanción imposta, mediante escrito motivado en que manifesten o compromiso de se ateren ás condicións que para o seu outorgamento se establezan, co fin de garantir, durante o prazo de suspensión, un comportamento de respecto á normativa reguladora da actividade pesqueira.

Vigo, 18 de xuño de 2012

Gerardo Zugasti Enrique
Xefe territorial de Pontevedra