Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 125 Luns, 2 de xullo de 2012 Páx. 26276

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 28 de maio de 2012, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de autorización administrativa, a aprobación do proxecto de execución e a declaración de utilidade pública, en concreto, dunha instalación eléctrica no concello de Cotobade (expediente IN407A 2012/112-4).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización, declaración de utilidade pública, en concreto, e a urxente ocupación que leva implícita, da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Eléctrica de Moscoso, S.L.

Domicilio social: avda. do Concello 21, 36830 Lama (A).

Denominación: L.M.T.S., C.T. A Cuqueira.

Situación: Cotobade.

Descricións técnicas: L.M.T. subterránea a 20 kV con condutor R.H.Z.1. de 922 metros de lonxitude, con orixe no apoio proxectado C-2000/16 (paso aéreo-subterráneo) intercalado entre os apoios 9 e 10 da L.M.T.A. derivación a corredoira e final no C.T. proxectado. Centro de transformación de 160 kVA, R.T. 20 kV/420 V, situado na Cuqueira, Carballedo, concello de Cotobade. Retensado do van aéreo, 105 metros de condutor LA-56, entre o apoio 9 e o proxectado e tendido de 54 metros entre este último e o apoio 10.

A relación concreta e individualizada dos bens ou dereitos que se van expropiar figura no anexo.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións por duplicado nesta xefatura territorial, avenida Fernández Ladreda 43, 36003 Pontevedra, no prazo de trinta días, a partir da última publicación ou notificación individual.

Durante o dito período calquera persoa poderá achegar, por escrito, os datos oportunos para rectificar posibles erros na relación de persoas, bens e dereitos afectados, así como formular as posibles alegacions por razón do disposto no artigo 145 do Real decreto 1955/2000 anteriormente citado.

Así mesmo, e no mencionado prazo, poderase examinar nesta xefatura territorial o proxecto da instalación.

Pontevedra, 28 de maio de 2012

Ignacio Rial Santomé
Xefe territorial de Pontevedra

ANEXO
Relación de bens e dereitos afectados

Predio 1:

Municipio: Cotobade; lugar: A Cuqueira, parroquia de Carballedo; cultivo: prado; referencia catastral 36012B505008000000FG; titular: Olga Sofía Antelo Pan; enderezo: rúa Vázquez de Parga 190, 15100 Carballo, A Coruña; afección: 37 m lineais de voo cunha superficie afectada de 376 m2.

Predio 2:

Municipio: Cotobade; lugar: A Cuqueira, parroquia de Carballedo; cultivo: solo sen edificar; referencia catastral 36012B509014770000FH; titular: herdeiros de Mª Victoria e José Carlos Cuiñas Lourido, representa: Mª Victoria Landeiro Cuiñas; enderezo: rúa Almansa 2, 36950 Moaña, Pontevedra afección: 39 m2 de solo para o centro de transformación.