Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 124 Venres, 29 de xuño de 2012 Páx. 26070

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 8 de xuño de 2012, da Dirección de Recursos Económicos, pola que se anuncia a formalización da contratación do servizo de reprogramación funcional, plan director H2050 e redacción do proxecto básico e de execución da fase I do CHOU no marco dos proxectos Innova Saúde Hospital 2050 (cofinanciado pola Unión Europea, a través do Programa operativo Feder fondo tecnolóxico 2007-2013) (AB-SER3-12-001).

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Servizo Galego de Saúde.

b) Dependencia que tramita o expediente: Dirección de Recursos Económicos.

c) Número do expediente: AB-SER3-12-001.

d) Enderezo da internet do perfil do contratante: www.sergas.es

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: servizo.

b) Descrición: reprogramación funcional, plan director H2050 e redacción do proxecto básico e de execución da fase I do CHOU no marco dos proxectos Innova Saúde e Hospital 2050 (cofinanciado pola Unión Europea a través do Programa operativo Feder fondo tecnolóxico 2007-2013).

c) CPV (referencia de nomenclatura): 71240000.

d) Medio e data de publicación do anuncio de licitación: DOUE S248, do 24 de decembro de 2011; BOE núm. 3, do 4 de xaneiro de 2012; DOG núm. 239, do 16 de decembro de 2011 e na páxina web do Servizo Galego de Saúde o 16 de decembro de 2011.

3. Tramitación e procedemento:

a) Tramitación: ordinario e expediente anticipado de gasto.

b) Procedemento: aberto.

4. Valor estimado do contrato: 677.966,10 euros.

5. Orzamento base de licitación:

a) Importe neto: 677.966,10 euros. IVE (%): 18%. Importe total: 800.000,00 euros.

6. Formalización do contrato:

a) Data de adxudicación: 2 de maio de 2012.

b) Data de formalización do contrato: 24 de maio de 2012.

c) Contratista: UTE: Aidhos Arquitec, SAP + GOC, S.A.

d) Importe ou canon de adxudicación. Importe neto 542.372,88 euros. IVE (%) 18%. Importe total: 640.000,00 euros.

e) Vantaxes da oferta adxudicataria: a oferta do adxudicatario foi seleccionada como a economicamente máis vantaxosa, mediante a aplicación dos criterios que figuran no prego de cláusulas administrativas particulares e a obtención da máxima puntuación de entre todas as admitidas.

Santiago de Compostela, 8 de xuño de 2012

Pablo Torres Arrojo
Director de Recursos Económicos