De conformidade co disposto no artigo 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, despois de intentada a notificación persoal, emprázase a interesada que se sinala no anexo para ser notificada por comparecencia.
O acto foi adoptado polo xefe do Servizo de Consumo.
A comparecencia deberá efectuarse, no prazo de dez días contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, ante o Servizo de Consumo do Instituto Galego de Consumo, con enderezo na praza Luís Seoane, s/n (edificio administrativo Monelos, 2ª andar, ala norte) da Coruña, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.
Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.
A Coruña, 15 de xuño de 2012
Víctor Tello Calvo
Xefe do Servizo de Consumo
ANEXO
Expediente: 15R002/48/2012.
Interesada: Igual Galicia, S.L.
CIF: A-70240825.
Acto notificado: inicio de expediente.