Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 124 Venres, 29 de xuño de 2012 Páx. 25889

II. Autoridades e persoal

b) Nomeamentos

Consellería de Sanidade

ORDE do 25 de xuño de 2012 pola que se dispón o cesamento e o nomeamento de membros do Consello Galego de Saúde.

A Lei 8/2008, do 10 de xullo, de saúde de Galicia, recolle no seu artigo 13 que a cidadanía da Comunidade Autónoma de Galicia terá dereito a participar na xestión do Sistema Público de Saúde de Galicia a través dos órganos de participación comunitaria. No seu capítulo VI recolle a participación na formulación da política sanitaria e no control da súa execución como un dereito da cidadanía e da sociedade en xeral, un valor social e un instrumento de cooperación e información no ámbito do Sistema Público de Saúde de Galicia, para a mellora da saúde e do benestar da cidadanía.

No artigo 24 regúlase o Consello Galego de Saúde como o principal órgano colexiado de participación comunitaria no Sistema Público de Saúde de Galicia, ao cal corresponde o asesoramento á Consellería de Sanidade da Xunta na formulación da política sanitaria e no control da súa execución. Regúlase, así mesmo, a súa composición e funcións, e establécese o nomeamento e separación do cargo pola persoa titular da Consellería de Sanidade, por proposta de cada unha das representacións que o compoñen.

De acordo co anterior, e coa finalidade de recoller os novos membros propostos polas entidades a que corresponden, cómpre actualizar a composición do dito órgano mediante os ceses e nomeamentos que se relacionan nos anexos I e II da presente orde.

En consecuencia, en virtude das facultades que me confire o artigo 38 da Lei 1/1983, do 22 de febreiro, reguladora da Xunta e da súa Presidencia, reformada pola Lei 11/1988, do 20 de outubro, en relación co artigo 24 da Lei 8/2008, do 10 de xullo, de saúde de Galicia,

DISPOÑO:

Artigo 1

Cesar como vogais do Consello Galego de Saúde as persoas indicadas no anexo I da presente orde.

Artigo 2

Nomear como vogais do Consello Galego de Saúde as persoas indicadas no anexo II da presente orde.

Disposición derrogatoria

Quedan derrogadas todas as disposicións de igual ou inferior rango que se opoñan ao disposto nesta orde.

Disposición derradeira

A presente orde entrará en vigor o mesmo día da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 25 de xuño de 2012

Rocío Mosquera Álvarez
Conselleira de Sanidade

Anexo I

Cesan como membros do Consello Galego de Saúde:

– Paz Ramil Maseda, nomeada en representación do Colexio Oficial de Traballo Social de Galicia.

– Elena González Sánchez, en representación das asociacións veciñais galegas (Federación Veciñal de Vigo).

Anexo II

Noméanse membros do Consello Galego de Saúde:

– Isabel Redondo Zambrano, en representación do Colexio Oficial de Traballo Social de Galicia.

– Verísimo Pazos Besada, en representación das asociacións veciñais galegas (Confederación Galega de Asociacións Veciñais).