Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 124 Venres, 29 de xuño de 2012 Páx. 25994

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

ORDE do 21 de xuño de 2012 pola que se outorgan nomeamentos de notarias e notarios para as notarías vacantes que se citan.

O nomeamento dos notarios que teñan que exercer no territorio de Galicia é competencia desta Comunidade Autónoma, segundo o disposto no artigo 26.1 do Estatuto de autonomía de Galicia, aprobado pola Lei orgánica 1/1981.

Visto o expediente instruído para a provisión de notarías vacantes en virtude de concurso ordinario convocado pola Resolución da Dirección Xeral dos Rexistros e do Notariado do 13 de abril de 2012 e resolto pola Resolución do 24 de maio de 2012, de conformidade cos artigos 23, 88 e demais concordantes do Regulamento notarial, o Decreto da Xunta de Galicia 7/2011, do 20 de xaneiro, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, e demais disposicións legais autonómicas pertinentes,

RESOLVO:

Nomear as notarias e os notarios que no anexo se relacionan para prover as notarías vacantes radicadas no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia.

Santiago de Compostela, 21 de xuño de 2012

Alfonso Rueda Valenzuela
Conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

ANEXO

– María Inmaculada Espiñeira Soto, notaria de Santa Cruz de Tenerife para a notaría de Santiago de Compostela.

– Carmen Susana Mora Ferreiro, notaria de Ferrol para a notaría de Vimianzo.

– José Fernando Ribes García, notario de Santa Margarida de Montbui para a notaría de Ribadeo.

– Rosa Ana Suárez Doniz, notaria de Monterroso para a notaría de Allariz.