Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 123 Xoves, 28 de xuño de 2012 Páx. 25823

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural e do Mar

ANUNCIO do 13 de xuño de 2012, da Secretaría Xeral do Medio Rural e Montes, polo que se notifica a resolución do expediente sancionador INC-LU-0075/2011-SUB.

De conformidade co disposto nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, logo de ser tentada sen éxito a notificación persoal a través do servizo de Correos, notifícaselle ao interesado, que se sinala no anexo deste anuncio, a resolución do procedemento sancionador INC-LU-0075/2011-SUB.

O interesado poderá comparecer, no prazo de dez días hábiles contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, nas oficinas da Consellería do Medio Rural e do Mar, situadas na rolda da Muralla 70 en Lugo, das 9.00 ás 14.00 horas de luns a venres, para o coñecemento íntegro da mencionada resolución e constancia de tal coñecemento.

O presente anuncio remitirase, así mesmo, ao concello correspondente ao último enderezo coñecido do interesado, en aplicación do artigo 59.5 da Lei 30/1992, co obxecto de que se proceda a súa publicación por medio dun anuncio no seu taboleiro de edictos.

Contra a resolución do expediente de referencia, que non pon fin á vía administrativa, poderá o interesado interpoñer recurso de alzada ante a conselleira do Medio Rural e do Mar no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da súa notificación, de conformidade co disposto nos artigos 114 e 115 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común. Transcorrido este prazo sen terse presentado o dito recurso, esta resolución adquirirá carácter de firmeza en vía administrativa, sendo inmediatamente executiva, de conformidade co previsto no artigo 138.3 da mesma norma xurídica.

Santiago de Compostela, 13 de xuño de 2012

Tomás Fernández-Couto Juanas
Secretario xeral de Medio Rural e Montes

ANEXO

Expediente: INC-LU-0075/2011-SUB.

Interesado: José Villaravid Villaravid.

Acto de notificación: resolución do procedemento sancionador.

Último enderezo coñecido: avda. Pasaxe 15-7º D, 15006 A Coruña.