Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 123 Xoves, 28 de xuño de 2012 Páx. 25821

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural e do Mar

ANUNCIO do 8 de xuño de 2012, da Secretaría Xeral de Medio Rural e Montes, pola que se notifica o emprazamento a Marketing and Distribuciones Rioja, S.L., en relación co procedemento ordinario nº 127/2012 do Xulgado do Contencioso-Administrativo número 2 de Ourense contra a Resolución do 16 de febreiro de 2012 desta consellería.

De conformidade co disposto nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, logo de ser intentada sen éxito a notificación persoal a través do servizo de Correos, notifícaselle a interesada que se sinala no anexo deste anuncio, o emprazamento a Marketing & Distribuciones Rioja, S.L., en relación co procedemento ordinario nº 127/2012 do Xulgado do Contencioso-Administrativo número 2 de Ourense, contra a Resolución do 16 de febreiro de 2012 da Consellería do Medio Rural e do Mar.

A interesada poderá comparecer, no prazo de dez días hábiles contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, nas oficinas da Secretaría Xeral de Medio Rural e Montes, situadas na rúa do Camiño Francés nº 10, Santiago de Compostela (A Coruña), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para o coñecemento íntegro da mencionada resolución e constancia de tal coñecemento.

O presente anuncio remitirase, así mesmo, ao concello correspondente ao último enderezo coñecido da interesada en aplicación do artigo 59.5 da Lei 30/1992, co obxecto de que o publique por medio dun anuncio no seu taboleiro de edictos.

Santiago de Compostela, 8 de xuño de 2012

P.D. (Orde do 30.3.2012; DOG nº 70, do 12 de abril)
Francisco José Vidal-Pardo Pardo
Secretario xeral técnico da Consellería do Medio Rural e do Mar

ANEXO

Interesada: Marketing & Distribuciones Rioja, S.L.

Último enderezo coñecido: Polígono La Granja, 13, 31230 Viana (Navarra)