Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 123 Xoves, 28 de xuño de 2012 Páx. 25818

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural e do Mar

RESOLUCIÓN do 13 de xuño de 2012, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería do Medio Rural e do Mar, pola que se fai pública a formalización do contrato de servizos profesionais para o soporte a usuarios/as, para o mantemento dos equipamentos informáticos das dependencias (confrarías e lonxas) que empregan a plataforma tecnolóxica da pesca (PTP), para o mantemento dos desenvolvementos que a compoñen e para o aloxamento e mantemento dos sistemas e infraestructuras telemáticas que lle dan soporte (expediente 2011-14-623).

En cumprimento do disposto no artigo 154.2 do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público, faise pública a formalización do seguinte contrato:

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Consellería do Medio Rural e do Mar.

b) Dependencia que tramita o expediente: Servizo de Contratación.

c) Número de expediente: 2011-14-623.

d) Enderezo da internet do perfil de contratante:

http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=17029

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: contrato de servizos.

b) Descrición: servizos profesionais para o soporte a usuarios/as, para o mantemento dos equipamentos informáticos das dependencias (confrarías e lonxas) que empregan a plataforma tecnolóxica da pesca (PTP), para o mantemento dos desenvolvementos que a compoñen e para o aloxamento e mantemento dos sistemas e infraestruturas telemáticas que lle dan soporte, con tres lotes.

c) CPV (referencia de nomenclatura): 72600000-6.

3. Tramitación e procedemento:

a) Tramitación: urxente e anticipado de gasto.

b) Procedemento: aberto, suxeito a regulación harmonizada.

4. Valor estimado do contrato: 720.000,00 €.

5. Orzamento base de licitación:

Lote 1: importe neto: 174.500,00 €, importe total: 205.910,00 €.

Lote 2: importe neto: 154.100,00 €, importe total: 181.838,00 €.

Lote 3: importe neto: 31.400,00 €, importe total: 37.052,00 €.

6. Formalización do contrato:

Lote 1: servizo de soporte, atención a usuarios/as e mantemento dos equipamentos informáticos das dependencias (lonxas e confrarías), incluídos os terminais Ticpesc alí situados, así como o soporte ao software nelas implantado (WSACE2008) que utilizan e permiten o acceso á plataforma tecnolóxica da pesca (PTP).

a) Data de adxudicación: 21.3.2012.

b) Data de formalización do contrato: 19.4.2012.

c) Adxudicatario: Tecnologías Plexus, S.L., NIF: B15726177.

d) Importe ou canon de adxudicación: importe total: 185.458,24 €.

e) Vantaxes da oferta adxudicataria: a única oferta admitida no procedemento.

Lote 2: servizos de mantemento correctivo, perfectivo, adaptativo e evolutivo dos desenvolvementos e aplicacións que conforman a plataforma tecnolóxica da pesca (PTP) (www.pescadegalicia.com), incluíndo o desenvolvemento de aplicacións demandadas polo Servizo de Análises e de Rexistros para as súas actuacións sobre os datos recollidos das distintas entidades.

a) Data de adxudicación: 21.3.2012.

b) Data de formalización do contrato: 19.4.2012.

c) Adxudicatario: Sivsa, Soluciones Informáticas, S.A.U., NIF: A36646685.

d) Importe ou canon de adxudicación: importe total: 163.666,00 €.

e) Vantaxes da oferta adxudicataria: a oferta que obtivo a máxima puntuación de acordo cos criterios de valoración contidos no prego de cláusulas administrativas particulares.

Lote 3: servizo de aloxamento e mantemento en explotación dos sistemas informáticos e as infraestruturas que dan soporte físico e telemático á plataforma tecnolóxica da pesca (PTP).

a) Data de adxudicación: 21.3.2012.

b) Data de formalización do contrato: 19.4.2012.

c) Adxudicatario: Altia Consultores, S.A., NIF: A15456585.

d) Importe ou canon de adxudicación: importe total: 34.833,60 €.

e) Vantaxes da oferta adxudicataria: a única empresa licitadora.

Santiago de Compostela, 13 de xuño de 2012

P.D. (Orde 30.3.2012, DOG nº 70, do 12 de abril)
Francisco José Vidal-Pardo Pardo
Secretario xeral técnico da Consellería do Medio Rural e do Mar