Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 122 Mércores, 27 de xuño de 2012 Páx. 25638

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural e do Mar

RESOLUCIÓN do 4 de xuño de 2012, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería do Medio Rural e do Mar, pola que se fai pública a formalización dun contrato administrativo (expediente 25/11).

En cumprimento do disposto no artigo 154.2 do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público, faise pública a formalización do seguinte contrato:

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Consellería do Medio Rural e do Mar.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo: administrativo, de subministración.

b) Descrición do obxecto: subministración en réxime de renting de 60 vehículos para a campaña de saneamento gandeiro.

c) Enderezo da internet do perfil do contratante:

http:/www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=16399

d) Diario oficial e data de publicación do anuncio de licitación: DOG nº 243, do 22 de decembro de 2011 e BOE do 27 de decembro de 2011.

e) División por lotes e número: non.

3. Tramitación e procedemento de adxudicación: ordinaria e anticipada de gasto; procedemento aberto suxeito a regulación harmonizada.

4. Orzamento base de licitación.

Valor estimado: 1.241.380 €.

Importe neto: 993.104,00 €, IVE excluído IVE (18%): 178.758,72 €.

Orzamento total de licitación: 1.171.862,72 €.

5. Adxudicación e formalización do contrato.

a) Data da resolución da adxudicación: 15 de marzo de 2012 (corrección de erros: 7 de maio de 2012).

b) Adxudicataria: Empresa Monforte, S.A.

c) Importe: 1.118.413,44 € (IVE incluído).

d) Data de formalización do contrato: 1 de xuño de 2012.

e) Vantaxes da oferta adxudicataria: oferta técnica mellor valorada.

Santiago de Compostela, 4 de xuño de 2012

P.D. (Orde 30.3.2012; DOG nº 70, do 12 de abril)
Francisco José Vidal-Pardo Pardo
Secretario xeral técnico da Consellería do Medio Rural e do Mar