Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 122 Mércores, 27 de xuño de 2012 Páx. 25635

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Traballo e Benestar

CÉDULA do 6 de xuño de 2012, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se notifica a resolución dos expedientes sancionadores na orde social RL 2012/177-1 e catro máis.

Intentada a notificación por correo certificado aos titulares das empresas que se indican a continuación sen que fose posible, por medio desta cédula e de conformidade cos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, notifícaselles a resolución recaída nos expedientes sancionadores correspondentes. Fáiselles saber que no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, poderán interpoñer recurso de alzada ante o director xeral de Relacións Laborais, advertíndolles que, de non ser interposto en tempo e forma, deberán aboar a multa, mediante a necesaria utilización do impreso, que poderá solicitar na propia Xefatura Territorial da Coruña. Noutro caso, procederase á exacción pola vía executiva nos termos previstos na disposición segunda da Orde da Consellería de Economía e Facenda do 23 de novembro de 2001 (DOG do 5 de decembro).

Expediente nº: RL 2012/177-1.

Acta inf. nº: I152012000005522.

Empresa: Autoescolas Sanvis, S.L.

NIF: B155107790.

Enderezo: avenida da Mahía, 50. 15220 Ames.

Materia: traballo (falta de ocupación efectiva, impagamento e retraso no aboamento do salario).

Normativa infrinxida: artigos 4.2, 4.2.f) e 29 do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo.

Tipificación: artigos 7.10 e 8.1 do Real decreto lexislativo 5/2000, do 4 de agosto, de conformidade cos artigos 39.1 e 40.1.b) e c) do dito texto legal (unha falta leve en grao máximo e outra falta moi grave en grao mínimo).

Data da resolución: 14.5.2012.

Resolución: confirmar a acta de infracción e impoñer á empresa Autoescolas Sanvis, S.L. unha sanción por importe de seis mil seiscentos setenta e sete euros (6.677 €).

Expediente nº: RL 2012/179-1.

Acta inf. nº: I152012000021080.

Empresa: Testyleve Unipessoal, Lda. Suc. España.

NIF: W0104689E.

Enderezo: parque empresarial Areas, local R1, parcela 5. 36700 Tui (Pontevedra).

Materia: traballo (falta de ocupación efectiva).

Normativa infrinxida: artigo 4 do Real decreto 1/1995, do 24 de marzo.

Tipificación: artigo 7.10 do Real decreto lexislativo 5/2000, do 4 de agosto, de conformidade co artigo 39.2 do dito texto legal (falta grave en grao medio).

Data da resolución: 14.5.2012.

Resolución: confirmar a acta de infracción e impoñer á empresa Testyleve Unipessoal, Lda. Suc. España unha sanción por importe de tres mil cento vinte e cinco euros (3.125 €).

Expediente nº: RL 2012/180-1.

Acta inf. nº: I152012000021181.

Empresa: Testyleve Unipessoal, Lda. Suc. España.

NIF: W0104689E.

Enderezo: Parque Empresarial Areas, local R1, parcela 5. 36700 Tui (Pontevedra).

Materia: obstrución (incomparecencia á citación da Inspección de Traballo e Seguridade Social).

Normativa infrinxida: artigos 5.3.2 e 5.3.3 e 11 da Lei 42/1997, do 14 de novembro; e artigo 7 do Real decreto 138/2000, do 4 de febreiro.

Tipificación: artigo 50.1 e 2 do Real decreto lexislativo 5/2000, do 4 de agosto, de conformidade cos artigos 39 e 40 do dito texto legal (falta grave en grao medio).

Data da resolución: 14.5.2012.

Resolución: confirmar a acta de infracción e impoñer á empresa Testyleve Unipessoal, Lda. Suc. España unha sanción por importe de dous mil euros (2.000 €).

Expediente nº: RL 2012/209-1.

Acta inf. nº: I152012000000569.

Empresa: Bravio Gest I, S.L.

NIF: B70112040.

Enderezo: estrada nacional 651, km 16, Campolongo. 15600 Pontedeume.

Materia: traballo (falta de ocupación efectiva dos traballadores).

Normativa infrinxida: artigo 4.2.a) do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo.

Tipificación: artigo 7.10 do Real decreto lexislativo 5/2000, do 4 de agosto, de conformidade co artigo 39.2 do dito texto legal (falta grave en grao máximo).

Data da resolución: 14.5.2012.

Resolución: confirmar a acta de infracción e impoñer á empresa Bravio Gest I, S.L. unha sanción por importe de seis mil douscentos cincuenta euros (6.250 €).

Expediente nº: RL 2011/701-1.

Acta inf. nº: I152011000178628.

Empresa: Mommada Textil, S.L.

NIF: B15637044.

Enderezo: avenida Bergantiños, 3. 15100 Carballo.

Materia: traballo (peche ou cesamento, temporal ou definitivo, da actividade da empresa sen autorización da autoridade laboral).

Normativa infrinxida: artigos 4.2.a) e 51.1 do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, en relación co artigo 1 do Real decreto 801/2011, do 10 de xuño.

Tipificación: artigo 8.3 do Real decreto lexislativo 5/2000, do 4 de agosto, de conformidade cos artigos 39.1 e 40.1.c) do dito texto legal (falta moi grave en grao mínimo).

Data da resolución: 27.4.2012.

Resolución: confirmar a acta de infracción e impoñer á empresa Mommada Textil, S.L. unha sanción por importe de nove mil euros (9.000 €).

A Coruña, 6 de xuño de 2012

Luis Alberto Álvarez Freijido
Xefe territorial da Coruña