Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 122 Mércores, 27 de xuño de 2012 Páx. 25624

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

ANUNCIO do 4 de xuño de 2012, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se emprazan os interesados para seren notificados por comparecencia nos expedientes sancionadores por infracción da Lei 50/1999, do 23 de decembro, da tenza de animais potencialmente perigosos ANP-CO-0017/2012-V, ANP-CO-0027/2012-V e ANP-CO-0029/2012-V.

De conformidade co disposto no artigo 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro (BOE do 27 de novembro), de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, despois de intentada a notificación persoal dúas veces, emprázanse os interesados que se sinalan no anexo para seren notificados por comparecencia.

A proposta de resolución foi adoptada polo instrutor e os acordos de iniciación polo xefe territorial.

A comparecencia deberase efectuar no prazo de dez días, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, na sede da Xefatura Territorial da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, sita na rúa Vicente Ferrer, 2, Edificio Administrativo de Monelos, 5º, A Coruña, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Transcorrido o devandito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida ao día seguinte da publicación.

A Coruña, 4 de xuño de 2012

José Antonio Álvarez Vidal
Xefe territorial da Coruña

Anexo

Expediente: ANP-CO-0017/2012-V.

Denunciado: Keltoi Manuel González Fernández.

Acto de notificación: proposta de resolución.

Expediente: ANP-CO-0027/2012-V.

Denunciado: Charaf Sbai.

Acto de notificación: acordo de iniciación.

Expediente: ANP-CO-0029/2012-V.

Denunciado: Marcos Vega Pérez.

Acto de notificación: acordo de iniciación.