De conformidade co disposto no artigo 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro (BOE do 27 de novembro), de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, despois de intentada a notificación persoal dúas veces, emprázase o interesado que se sinala no anexo para ser notificado por comparecencia.
O acto foi adoptado polo instrutor do expediente.
A comparecencia deberase efectuar, no prazo de dez días contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, na sede da Xefatura Territorial de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas sita na rúa Vicente Ferrer, 2, edificio administrativo de Monelos, 5º, A Coruña, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.
Transcorrido o devandito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida o día seguinte da publicación.
A Coruña, 5 de xuño de 2012
José Antonio Álvarez Vidal
Xefe territorial da Coruña
Anexo
Expediente: CAZ-CO-0021/2012-V.
Denunciado: José Ramón Muñiz Regueira.
Acto de notificación: proposta de resolución.