Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 122 Mércores, 27 de xuño de 2012 Páx. 25632

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Sanidade

CÉDULA do 29 de maio de 2012, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se notifica a resolución do expediente sancionador número 2012063AL-CO, por infraccións en materia sanitaria.

O 9 de maio de 2012, a Xefatura Territorial da Consellería de Sanidade da Coruña ditou a resolución do expediente sancionador nº 2012063AL-CO incoado a Carlos Díaz Pérez.

Intentada a notificación da resolución segundo o disposto no artigo 59.2 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, e non sendo posible a súa práctica, por medio desta cédula, e ao abeiro do disposto no número 5 do devandito artigo, notifícase a Carlos Díaz Pérez o contido da dita resolución que figura como anexo, para que poida ter coñecemento dela.

Así mesmo, fáiselle saber o dereito que o asiste para interpoñer recurso de alzada ante a conselleira de Sanidade no prazo dun mes, contado desde o día seguinte ao da publicación desta cédula, segundo establece o artigo 115 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, lembrándolle o seu dereito a consultar o expediente depositado nas dependencias da xefatura, sita na rúa Gregorio Hernández, 2-4, A Coruña e a obter, de ser o caso, copia do expediente, segundo o previsto na letra a) do artigo 35 da citada Lei 30/1992, do 26 de novembro.

No caso de estar de acordo co contido desta resolución o aboamento voluntario da sanción poderá facerse no seguinte prazo: 1) as notificadas entre os días 1 e 15 de cada mes, desde a data da notificación ata o día 20 do mes posterior ou, se este non for hábil, ata o inmediato día hábil seguintes, e 2) as notificadas entre os días 16 e último de cada mes, desde a data da notificación ata o día 5 do segundo mes posterior ou, se este non for hábil, ata o inmediato día hábil seguinte; todo isto mediante o ingreso que poderá efectuar en calquera oficina de Caixa Galicia, conta contable 840, código 001; en Caixanova, recadación Xunta; en BBVA transacción 1316, NIF S1511001H, ou en Banesto, empregando os impresos normalizados que se lle facilitarán nas dependencias da xefatura territorial.

Esta cédula expídese para que conste e lle sirva de notificación ao interesado, en cumprimento do disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

A Coruña, 29 de maio de 2012

Emma Rego Valcarce
Xefa territorial da Coruña

ANEXO

Nº expediente: 2012063AL-CO.

Interesado/a: Carlos Díaz Pérez.

DNI/NIF/CIF: 76322764A.

Último enderezo coñecido: rúa Salvador de Madariaga, 20. Oleiros.

Feito imputado: infracción á lexislación aplicable en materia sanitaria.

Artigo infrinxido: Lei 17/2011, do 5 de xullo, de seguridade alimentaria e nutrición, art. 50.1 e) e art. 51.1 parágrafos 4 e 10.

Regulamento (CE) 852/2004, do 29 de abril, do Parlamento Europeo e do Consello, sobre a hixiene de produtos alimenticios, anexo II, cap. I, II e V.

Tipificación: leve.

Sanción imposta: 60 €. Sesenta euros.