Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 121 Martes, 26 de xuño de 2012 Páx. 25516

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Traballo e Benestar

RESOLUCIÓN do 7 de xuño de 2012, da Dirección Xeral de Relacións Laborais, pola que fai público o depósito da modificación de estatutos da Asociación Galega de Empresas Musicais (AGEM).

En cumprimento do disposto no artigo 4 do Real decreto 873/1977, do 22 de abril, de desenvolvemento da Lei 19/1977, do 1 de abril, e para os efectos previstos nel, faise público que no correspondente servizo desta dirección xeral se presentou certificado da asemblea xeral extraordinaria da Asociación Galega de Empresas Musicais (AGEM), onde se reflicte o acordo acadado o 7 de marzo de 2012, e que consiste na modificación dos estatutos da dita asociación.

Santiago de Compostela, 7 de xuño de 2012

Odilo Martiñá Rodríguez
Director xeral de Relacións Laborais