Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 121 Martes, 26 de xuño de 2012 Páx. 25517

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Traballo e Benestar

RESOLUCIÓN do 7 de xuño de 2012, da Dirección Xeral de Relacións Laborais, pola que se fai público o depósito da modificación dos estatutos da Asociación de Empresarios de Artes Gráficas de Galicia.

En cumprimento do disposto no artigo 4 do Real decreto 873/1997, do 22 de abril, de desenvolvemento da Lei 19/1977, do 1 de abril, e para os efectos previstos no mesmo, faise público que no correspondente servizo desta dirección xeral se presentou certificación, onde se reflicte o acordo acadado pola xunta directiva na reunión do 24 de abril de 2012, na que se recolle a modificación do domicilio social, que pasa a ser en praza Salvador García Bodaño, nº 3-1º A, Santiago de Compostela.

Santiago de Compostela, 7 de xuño de 2012

Odilo Martiñá Rodríguez
Director xeral de Relacións Laborais