Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 121 Martes, 26 de xuño de 2012 Páx. 25496

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 23 de maio de 2012, da Xefatura Territorial de Lugo, pola que se someten a información pública para autorización administrativa, aprobación do proxecto de execución, declaración de utilidade pública, en concreto, así como inclusión no réxime especial de produción de enerxía eléctrica e aprobación do seu estudo de impacto ambiental e do correspondente proxecto sectorial de incidencia supramunicipal, as instalacións relativas ao Parque Eólico Friol (expediente LU-11/147-EOL).

En cumprimento do disposto na Lei 8/2009, do 22 de decembro, pola que se regula o aproveitamento eólico en Galicia e se crean o canon eólico e o Fondo de Compensación Ambiental, na Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico, no Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, e no Decreto 661/2007, do 25 de maio, polo que se regula a actividade de produción de enerxía eléctrica en réxime especial e tendo en conta o establecido no Real decreto lexislativo 1/2008, do 11 de xaneiro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de avaliación de impacto ambiental de proxectos (modificado pola Lei 6/2010, do 24 de marzo) e no Decreto 442/1990, do 13 de setembro, de avaliación de impacto ambiental para Galicia, así como na Lei 10/1995, do 23 de novembro, de ordenación do territorio de Galicia, e no Decreto 80/2000, do 23 de marzo, polo que se regulan os plans e proxectos sectoriais de incidencia supramunicipal, sométese a información pública a solicitude formulada por Enebro Friol, S.L.U. para as instalacións que a continuación se describen:

Peticionario: Enebro Friol, S.L.U. Polígono Industrial Lalín 2000, parcela C-26, 36500 Lalín (Pontevedra).

Situación: Friol (Lugo).

Localización:

Zona: 9.

Área de Desenvolvemento Eólico (ADE): Cova da Serpe II-9-3.

Poligonal de delimitación:

UTM X

UTM Y

A

590.923,18

4.766.307,27

B

592.000,00

4.762.000,00

C

589.300,00

4.762.000,00

D

588.900,00

4.762.400,00

E

588.300,00

4.763.400,00

F

588.400,00

4.764.000,00

G

588.200,00

4.764.450,00

H

588.200,00

4.765.400,00

Aeroxeradores:

UTM X

UTM Y

FR-01

588.548,50

4.764.646,00

FR-02

588.508,00

4.764.270,00

FR-03

588.632,00

4.763.910,00

FR-04

588.776,00

4.763.550,00

FR-05

588.835,00

4.762.903,00

FR-06

589.024,00

4.762.594,00

FR-07

589.354,00

4.762.240,00

Antena meteorolóxica:

UTM X

UTM Y

Torre 1

589.125,00

4.762.360,00

Potencia nominal 21 MW.

Produción neta anual estimada: 76.193 mWh/ano.

Orzamento total: 22.703.332,95 euros.

Características técnicas principais:

– 7 aeroxeradores Vestas-112 de 3.000 kW de potencia nominal unitaria, de 94 m de altura de buxa e 112 m de diámetro de rotor.

– 7 centros de transformación de 3.350 kVA de potencia nominal unitaria e relación de transformación 0,69/30 kV, Dyn11, instalados individualmente no interior da góndola de cada aeroxerador coas súas correspondentes aparellaxes de seccionamento, manobra e protección.

– 1 torre meteorolóxica autoportante de 100 m de altura, equipada con viraventos, anemómetros, medidores de temperatura e de presión e rexistrador de datos.

– Liñas eléctricas subterráneas de 30 kV de tensión nominal normalmente en condutor directamente enterrado en gabia e en canalización entubada baixo vías para a evacuación de enerxía xerada, de interconexión entre centros de transformación 0,69/30 kV e subestación transformadora 30/132 kV.

– Camiños ou vías, con plataforma de 6 m de largo, e capas de saburra compactada para o acceso a aeroxeradores, torre anemométrica, edificio de control e subestación eléctrica.

– Subestación transformadora tipo PASS M0 cun transformador principal 30/132 kV intemperie, YNdn11, de 25/30 MVA ONAN/ONAF de potencia nominal, e outro de servizos auxiliares 30/0,42 kV de 100 kVA, YZn11, cos correspondentes equipamentos de control, seccionamento, manobra, medida e protección.

– Edificio de control no que se situarán, entre outros, as celas de liña, de protección e de medida.

Obxecto de información pública:

– Proxecto de execución das instalación descritas para os efectos da súa autorización administrativa, aprobación e declaración de utilidade pública (que levará implícita, de acordo co artigo 54 da Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico, a necesidade de urxente ocupación para os efectos de expropiación forzosa dos bens e dereitos afectados necesarios para o establecemento destas instalacións) así como para o seu recoñecemento como instalacións de produción de enerxía eléctrica en réxime especial.

– Estudo de impacto ambiental.

– Proxecto sectorial de incidencia supramunicipal.

O que se fai público para coñecemento xeral e dos propietarios dos predios e demais titulares de bens e dereitos afectados que figuran na relación que se insire como anexo deste anuncio, así como das persoas que, sendo titulares de dereitos reais ou intereses económicos sobre os bens afectados, fosen omitidas, para que poidan examinar o proxecto de execución e presentar as obxecións ou alegacións que consideren oportunas, nesta xefatura territorial con enderezo no edificio administrativo da rolda da Muralla 70, Lugo (27071), no prazo de 30 días hábiles contados a partir da última publicación deste anuncio ou da súa notificación individual.

Para idénticos efectos e no mesmo prazo o proxecto sectorial de incidencia supramunicipal poderá ser examinado nas dependencias da Xefatura Territorial da Consellería de Economía e Industria en Lugo, e no concello de Friol (Lugo), e o estudo de impacto ambiental nas dependencias desta xefatura territorial, da Xefatura Territorial da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas en Lugo e nese concello.

Finalizado o prazo, o expediente xunto coas alegacións recibidas remitiranse á Dirección Xeral de Industria, Enerxía e Minas da Consellería de Economía e Industria. Esta publicación realízase igualmente para os efectos determinados polo artigo 59.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, cando os interesados sexan descoñecidos, non se saiba o lugar ou o medio de notificación ou ben, cando intentada a notificación, non se puidese realizar.

Lugo, 23 de maio de 2012

José Manuel Vázquez Leirado
Xefe territorial de Lugo

ANEXO
Relación de bens e dereitos afectados polo Parque Eólico Friol

Propietario

Parcela

Afeccións (m2)

Nome e apelidos

Enderezo

Part.

Datos catastrais

Lugar

Cultivo

Pleno dominio

Servidumes de paso

Servidume de voo

Outras afeccións

Políg.

Parc.

Zapata e plataforma

Vía e/ou vía-gabia

Gabia

P.E.

O.T.

Concello de Friol

1

MVMC Silvela. Exp. 40/75. Pte. Ángel Espiño

Lg. Silvela (Friol, 27228 Lugo)

1

368

2

Monte Silvela

Monte alto

3.121

 

 

2

MVMC Carballo. Exp. 62/75. Pte. José Manuel Yglesias

Lg. Carballo (Friol, 27228 Lugo)

1

368

230

Monte Silvela

Monte alto

95

 

 

3

MVMC Carballo. Exp. 62/75. Pte. José Manuel Yglesias

Lg. Carballo (Friol, 27228 Lugo)

1

368

6

Monte Silvela

Monte alto

4.415

6.826

9.286

 

 

4

MVMC Carballo. Exp. 62/75. Pte. José Manuel Yglesias

Lg. Carballo (Friol, 27228 Lugo)

1

368

3

Monte Silvela

Monte alto

2.691

3.149

5.713

 

 

5

Ángel Cabado Uriz

Rúa Antonio Ríos (15008 A Coruña)

1

368

178

Pena da Corda

Monte baixo

1.375

 

 

7

MVMC Carballo. Exp. 62/75. Pte. José Manuel Yglesias

Lg. Carballo (Friol, 27228 Lugo)

1

374

15

Balboa

Monte baixo

548

1.787

231

3.203

 

 

8

MVMC Carballo. Exp. 62/75. Pte. José Manuel Yglesias

Lg. Carballo (Friol, 27228 Lugo)

1

376

11

Picha

Monte alto

819

697

 

 

9

MVMC Carballo. Exp. 62/75. Pte. José Manuel Yglesias

Lg. Carballo (Friol, 27228 Lugo)

1

375

1

Escarabilleira

Monte alto

3.802

5.981

6.765

 

 

10

MVMC Carballo. Exp. 62/75. Pte. José Manuel Yglesias

Lg. Carballo (Friol, 27228 Lugo)

1

375

15

Vilares

Monte alto

1.286

 

 

11

José Manuel Combo Villar

Laxe nº 6, Carballo (Friol, 27228 Lugo)

1

375

3

Vilar

Monte alto

724

 

 

12

MVMC Carballo. Exp. 62/75. Pte. José Manuel Yglesias

Lg. Carballo (Friol, 27228 Lugo)

1

375

4

Picha

Monte alto

410

 

 

13

MVMC Carballo. Exp. 62/75. Pte. José Manuel Yglesias

Lg. Carballo (Friol, 27228 Lugo)

1

376

17

Alto

Prado

4

 

 

14

MVMC Carballo. Exp. 62/75. Pte. José Manuel Yglesias

Lg. Carballo (Friol, 27228 Lugo)

1

376

10

Picha

Monte alto

4.623

4.235

6.434

 

 

15

MVMC Carballo. Exp. 62/75. Pte. José Manuel Yglesias

Lg. Carballo (Friol, 27228 Lugo)

1

376

16

Alto

Prado

377

 

 

16

José Casanova Cabado

R/ Santa Cecilia, 2º D, A Coruña

1

376

9

Picha

Monte alto

161

 

 

17

Descoñecido (Fiscal da Audiencia Provincial)

Praza de Avilés s/n, 27002 Lugo

1

376

1

Veiga do Chousón

Prado

1.720

 

 

18

MVMC Carballo. Exp. 62/75. Pte. José Manuel Yglesias

Lg. Carballo (Friol, 27228 Lugo)

1

377

8

Quenllo

Monte alto

8.248

6.620

13.046

 

 

19

Concello de Friol

Praza de España, nº 4 (Friol, 27220 Lugo)

1

368
368
368
374
374
375
375
375
376
376
376
376
377

9007
9008
9010
9001
9005
9001
9002
9004
9001
9002
9003
9007
9001

Varios

Improdutivo

39.018

 

 

Subestación e zona de amoreamento

3

MVMC Carballo. Exp. 62/75. Pte. José Manuel Yglesias

Lg. Carballo (Friol, 27228 Lugo)

1

368

6

Monte Silvela

Monte alto

231

 

 

 

 

551

5

Ángel Cabado Uriz

Rúa Antonio Ríos (15008 A Coruña)

1

368

178

Pena da Corda

Monte baixo

6.406

 

 

 

 

5.218

6

Remedios Cabado Uriz

Rúa Villa de Cambre, 3º esq. (15002 A Coruña)

1

368

165

Pena da Corda

Monte baixo

18

 

 

 

 

34