Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 121 Martes, 26 de xuño de 2012 Páx. 25495

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 22 de maio de 2012, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de autorización dunha instalación eléctrica no concello de Covelo (expediente IN407A 2012/122-4).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 125 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización das instalacións eléctricas que se describen:

Solicitante: Central Eléctrica Sestelo y Cía., S.A.

Domicilio social: r/ Virxe da Luz nº 3-baixo, 36860 Ponteareas.

Título: L.M.T.A. Baldomar-Covelo.

Situación: Covelo.

Características técnicas: L.M.T. aérea a 20 kV con condutor LA-110 estruturada en dous tramos: tramo I, entre Sta. Cruz e Sta. Mariña de Baldomar, de 531 metros, con orixe no apoio nº 4ES01083 da liña principal O Ceo Covelo Ermida e final no apoio nº 4ES01087 desta. Tramo II, entre Sta. Mariña de Baldomar e Covelo, de 552 metros, con orixe no apoio nº 4ES01089 da liña principal O Ceo Covelo Ermida e final no apoio nº 4ES01093 desta. A instalación está situada en Covelo.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, ed. administrativo avda. Fernández Ladreda, 43-5º, no prazo de vinte días. Así mesmo, e durante o mencionado prazo, tamén se poderá examinar o proxecto da instalación.

Pontevedra, 22 de maio de 2012

Ignacio Rial Santomé
Xefe territorial de Pontevedra