Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 121 Martes, 26 de xuño de 2012 Páx. 25504

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 4 de xuño de 2012, da Xefatura Territorial de Ourense, pola que se autoriza e se aproba o proxecto de execución da instalación eléctrica L.M.T. peche VLL812-C.R. Pino, no concello de Ourense (expediente IN407A 2012/9-3).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: A Batundeira, 2. 32960 Ourense.

Denominación: L.M.T. peche VLL812-C.R. Pino.

Situación: Ourense.

Características técnicas:

L.M.T. subterránea a 20 kV de 1.493 m, con condutor R.H.Z.1. e orixe no centro de repartición urbanización Pino 32CS82 e remate no C.T. Vilanova de Quintela (32C723).

Colocación de cela de liña con telemando en C.T. existente de Quintela, 400 kVA (32CT24) e C.T. existente Pino, de 1.030 kVA, conxunto de celas compactas SF6 (2L+1P).

Orzamento: 231.953,69 euros.

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico e no capítulo II, título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, esta xefatura territorial resolve:

Autorizar e aprobar o proxecto de execución da dita instalación, cuxas características se axustarán en todas as súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.

Contra a presente resolución poderase interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Economía e Industria no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da notificación desta resolución; tamén se poderá interpoñer calquera outro recurso que se estime pertinente.

Ourense, 4 de xuño de 2012

Gabriel Diéguez Domínguez
Xefe territorial de Ourense