Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 121 Martes, 26 de xuño de 2012 Páx. 25424

III. Outras disposicións

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

RESOLUCIÓN do 14 de xuño de 2012, da Dirección Xeral de Conservación da Natureza, pola que se veda para o exercicio da pesca un tramo do río Deza nos concellos de Silleda e Vila de Cruces.

Vista a proposta formulada polo Servizo Provincial de Conservación da Natureza de Pontevedra, en que se propón a finalización anticipada da tempada de pesca no tramo final do río Deza.

Visto o informe que acompaña a citada proposta, en que se sinala a importancia do tramo final do río Deza como zona de desova e cría de salmón, e no cal se dá conta dos prexuízos causados pola práctica da pesca aos xuvenís de salmón, o que aconsellou en tempadas anteriores manter vedado o tramo.

Esta dirección xeral, de conformidade co disposto no artigo 48 do Regulamento de ordenación da pesca fluvial e dos ecosistemas acuáticos continentais (Decreto 130/1997, do 14 de maio),

RESOLVE:

Vedar para o exercicio da pesca o tramo do río Deza comprendido entre a presa de García e a desembocadura no río Ulla, dunha lonxitude aproximada de 2,4 km e situado no límite dos concellos de Silleda e Vila de Cruces.

A veda manterase ata a entrada en vigor da normativa de pesca fluvial da tempada 2013.

Santiago de Compostela, 14 de xuño de 2012

Ricardo García-Borregón Millán
Director xeral de Conservación da Natureza