Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 120 Luns, 25 de xuño de 2012 Páx. 25339

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural e do Mar

ANUNCIO do 8 de xuño de 2012, da Secretaría Xeral de Medio Rural e Montes, polo que se emprazan os interesados nos expedientes de subvención para o fomento da silvicultura en bosques no medio rural 14270109/2010 e dous máis.

De conformidade co disposto nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, logo de seren tentadas sen éxito as notificacións persoais a través do servizo de Correos, notifícanse aos interesados que se sinalan no anexo deste anuncio os acordos de inicio dos procedementos para declarar a perda do dereito ao cobramento das axudas relativas aos expedientes de subvención número 14270109/2010, 14270632/2010 e 14270708/2010 (Orde do 28 de decembro de 2009 pola que se establecen as bases e se convocan para o ano 2010 as axudas para fomento da silvicultura en bosques no medio rural).

Os interesados poderán comparecer, no prazo de dez días hábiles contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, nas dependencias da Secretaría Xeral de Medio Rural e Montes, situada na rúa San Lázaro, s/n, 15781 Santiago de Compostela, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para o coñecemento do contido íntegro do mencionado acordo de inicio e a constancia de tal coñecemento.

Transcorrido o devandito prazo sen efectuarse a comparecencia, as notificacións entenderanse producidas desde o día seguinte á data de finalización deste.

Concédeselles aos interesados un prazo de quince días hábiles, contados a partir do seguinte á notificación do acordo de inicio, para que poidan formular alegacións e presentar a documentación que consideren conveniente aos seus dereitos ante a Consellería do Medio Rural e do Mar.

O presente anuncio remitirase, así mesmo, aos concellos correspondentes ao último enderezo coñecido dos interesados, en aplicación do artigo 59.5 da Lei 30/1992, co obxecto de que proceda á súa publicación por medio dun anuncio no seu taboleiro de edictos.

Santiago de Compostela, 8 de xuño de 2012

Tomás Fernández-Couto Juanas
Secretario xeral de Medio Rural e Montes

ANEXO

– Expediente: procedemento para declarar a perda do dereito ao cobramento da axuda relativa ao expediente de subvención número 14270109/2010.

– Interesada: Victoria Eugenia López Díaz.

– Acto de notificación: acordo de inicio.

– Último enderezo coñecido: rúa Gran Vía, 10-1º, 27600 Sarria (Lugo).

– Expediente: procedemento para declarar a perda do dereito ao cobramento da axuda relativa ao expediente de subvención número 14270632/2010.

– Interesado: Manuel Barreiro Arias.

– Acto de notificación: acordo de inicio.

– Último enderezo coñecido: rúa Curro, 12, Taboada (Lugo).

– Expediente: procedemento para declarar a perda do dereito ao cobramento da axuda relativa ao expediente de subvención número 14270708/2010.

– Interesado: Amador Novo Prieto.

– Acto de notificación: acordo de inicio.

– Último enderezo coñecido: rúa de Areosa, 39, 15320 As Pontes de García Rodríguez (A Coruña).