Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 120 Luns, 25 de xuño de 2012 Páx. 25341

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural e do Mar

ANUNCIO do 8 de xuño de 2012, da Secretaría Xeral de Medio Rural e Montes, polo que se emprazan os interesados nos expedientes de subvención para fomento da forestación de terras agrícolas 11320193/2001 e un máis.

De conformidade co disposto nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, logo de seren tentadas sen éxito as notificacións persoais a través do servizo de Correos, notifícanse os interesados que se sinalan no anexo deste anuncio os acordos de inicio dos procedementos para declarar a perda do dereito ao cobramento das axudas relativas aos expedientes de subvención número 11320193/2001 e 11320194/2001 (Orde do 28 de maio de 2001 pola que se establecen as bases e se convocan para o ano 2001 as axudas para o fomento da forestación de terras agrícolas).

Os interesados poderán comparecer, no prazo de dez días hábiles contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, nas dependencias da Secretaría Xeral de Medio Rural e Montes, situada na rúa San Lázaro, s/n, 15781 Santiago de Compostela, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para o coñecemento do contido íntegro do mencionado acordo de inicio e a constancia de tal coñecemento.

Transcorrido o devandito prazo sen efectuarse a comparecencia, as notificacións entenderanse producidas desde o día seguinte á data de finalización deste.

Concédeselles aos interesados un prazo de quince días hábiles, contados a partir do seguinte á notificación do acordo de inicio, para que poidan formular alegacións e presentar a documentación que consideren conveniente aos seus dereitos ante a Consellería do Medio Rural e do Mar.

O presente anuncio remitirase, así mesmo, aos concellos correspondentes ao último enderezo coñecido dos interesados, en aplicación do artigo 59.5 da Lei 30/1992, co obxecto de que proceda á súa publicación por medio dun anuncio no seu taboleiro de edictos.

Santiago de Compostela, 8 de xuño de 2012

Tomás Fernández-Couto Juanas
Secretario xeral de Medio Rural e Montes

ANEXO

– Expediente: procedemento para declarar a perda do dereito ao cobramento da axuda relativa ao expediente de subvención número 11320193/2001.

– Interesado: Orsating, S.L.

– Acto de notificación: acordo de inicio.

– Último enderezo coñecido: rúa Alejandro Pedrosa, 34, baixo, 32001 Ourense.

– Expediente: procedemento para declarar a perda do dereito ao cobramento da axuda relativa ao expediente de subvención número 11320194/2001.

– Interesado: Orsating, S.L.

– Acto de notificación: acordo de inicio.

– Último enderezo coñecido: rúa Alejandro Pedrosa, 34, baixo, 32001 Ourense.