Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 120 Luns, 25 de xuño de 2012 Páx. 25327

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 31 de maio de 2012, da Xefatura Territorial de Ourense, pola que se autoriza e se aproba o proxecto de execución da instalación eléctrica L.M.T. e C.T. Cardenal Quevedo, 28, no concello de Ourense (expediente IN407A 2012/12-3).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: A Batundeira 2, 32960 Velle.

Denominación: L.M.T. e C.T. Cardenal Quevedo, 28.

Situación: Ourense.

Características técnicas:

L.M.T. subterránea a 20 kV de 180 m, con condutor R.H.Z.1, e orixe na L.M.T. e C.T. Modesto Prada (32C776) e remate na L.M.T. ao C.T. Capitán Cortés, 1 (32S777), con entrada e saída no C.T. proxectado non prefabricado Cardenal Quevedo, 28, de 400 kVA e R/T 20.000-230 V.

Orzamento: 38.881.69 euros.

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico, e no capítulo II, título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, esta xefatura territorial, resolve:

Autorizar e aprobar o proxecto de execución da dita instalación, cuxas características se axustarán en todas as súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.

Contra a presente resolución poderá interpor recurso de alzada ante o conselleiro de Economía e Industria no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da notificación desta resolución; tamén poderá interpor calquera outro recurso que considere pertinente.

Ourense, 31 de maio de 2012

Gabriel Diéguez Domínguez
Xefe territorial de Ourense