Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 120 Luns, 25 de xuño de 2012 Páx. 25310

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

RESOLUCIÓN do 8 de xuño de 2012, do Servizo de Mobilidade de Ourense, pola que se somete a información pública o expediente de modificación de tráficos e de reestruturación da concesión de servizo público regular permanente de uso xeral de transporte de viaxeiros por estrada V-3156; XG-354, entre Monforte de Lemos e Rabal con anexos.

Ao abeiro do establecido na Lei 16/1987, do 30 de xullo, de ordenación dos transportes terrestres, e no seu regulamento de execución, aprobado polo Real decreto 1211/1990, do 28 de setembro, iníciase expediente de modificación de tráficos e de reestruturación da concesión V-3156; XG-354, entre Monforte de Lemos e Rabal con anexos, da titularidade de Autocares Castro Caldelas, S.L.

Os interesados ou afectados no expediente poderán comparecer no procedemento e, tras o exame da documentación pertinente no Servizo de Mobilidade de Ourense (rúa José Ángel Valente, 2), efectuar as alegacións que xulguen oportunas no prazo de quince días, que se contarán a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Ourense, 8 de xuño de 2012

José Enrique Rivera Sáez
Xefe do Servizo de Mobilidade de Ourense