Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 120 Luns, 25 de xuño de 2012 Páx. 25311

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

ANUNCIO do 28 de maio de 2012, da Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, polo que se fai pública a Decisión do 25 de maio de 2012 de non someter a modificación puntual do Plan especial de protección e reforma interior da Cidade Vella e a Peixaría e do Plan especial de ordenación da zona de servizo do porto. Actuación para o desenvolvemento da mobilidade da dársena da Mariña, concello da Coruña, ao procedemento de avaliación ambiental estratéxica establecido na Lei 9/2006, do 28 de abril, sobre avaliación dos efectos de determinados plans e programas no ambiente.

En cumprimento do disposto no artigo 4 da Lei 9/2006, do 28 de abril, de avaliación dos efectos de determinados plans e programas no ambiente, faise pública a decisión de non someter a modificación puntual do Plan especial de protección e reforma interior da Cidade Vella e a Peixaría e do Plan especial de ordenación da zona de servizo do porto. Actuación para o desenvolvemento da mobilidade da dársena da Mariña, concello da Coruña, ao procedemento establecido no seu artigo 7.

Esta decisión pódese consultar na Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas no seguinte enderezo da internet: http://aae.medioambiente.xunta.es/

Santiago de Compostela, 28 de maio de 2012

Justo de Benito Basanta
Secretario xeral de Calidade e Avaliación Ambiental